|
26-marzo-2003.
O Conselleiro de Plítica territorial,
Alberto Nuñez Feijoo, comprometeuse co alcalde de Forcarei, David
Raposeiras, á mellora da carretera entre Cachafeiro e Vilapouca,
unha obra que mellora a comunicación entre Soutelo e Forcarei e que
xuntaría ós dous polígonos industriais do concello. (A Voz de
Galicia)
|
|
|
16-marzo-2003.
O Concello de Cerdedo acordou por
unanimidade levantar un monumento que recorde a todo-los finados na
guerra civil. Nestes intres só están na fachada da igrexa parroquial
os nomes dos do bando nacional. (Faro de Vigo)
|
23-marzo-2003.
A Asociación "Rapa das bestas" atopouse coa
morte a tiros de cinco cabalos do Santo en O Souto. Estase a pedir á
Xunta de Galicia unha nova lei que regule os dereitos do gando que
pasta ceibe nos nosos montes, cando menos que esixa o seu marcado
para recoñecer ós responsables dos danos que poidan acontecer nas
colleitas. De momento o gando que pastaba nos montes de
Cerdedo será recollido a una leira pechada, menos naqueles onde hai
uns dereitos históricos como os montes de Pranzadoira e Montouto.
(Faro de Vigo)
|
|
4-marzo-2003.
O colectivo organizador da "Rapa das Bestas"
celebrou eleccións este fin de semán despois da dimisión do seu
anterior presidente D. Cesar García. Resultaron os máis votados o
coñecido aloitador Xosé Paz, Nuria Díaz, Roi Vicente e Xosé
Touriño. Eles formarán a nova xunta directiva, contando, si así o
desexan, con outros colaboradores. É de suliñar a xuventude dos
elexidos e que todos eles viven fora de Sabucedo toda a semán.
(A Voz de Galicia)
|
6-marzo-2003.
Gamesa, empresa dona dos parques eólicos da
Terra de Montes, ten vendidos os seus xeneradores das serras do Seixo e O Cando a unha
empresa Xaponesa. A potencia total destes xeneradores é de uns 65
megavatios, o que equivale ó consumo dunhas 52.000 familias.
(A Voz de Galicia)
|
|
2-marzo-2003.
Este sabado celebrouse en Cerdedo a "Festa
da Vincha". Con boa asistencia de público, que poido comprar este
postre e moitos outros, todos artesáns, pero tamén productos da
terra e artesanía. A asociación de mulleres "Espadela", verdadeira
nai da festa, presentaba unha exposición de aparellos para o
traballo do liño e un taller de cestería. (M. C.)
|
 |