22-marzo-2002.
A Consellería de
educación da Xunta prometeulle ós pais dos alumnos de bachelerato do
instituto "Chano Piñeiro" de Forcarei levar a cabo melloras no centro,
pero nunca a construcción doutro novo como eles querían. Considerase que
hai moi poucos alumnos na zona coma para esta obra. (Faro de Vigo)
|
23-marzo-2002.
O alcalde de
Forcarei, David Raposeiras, afirmou que o concello trataría de axudar ó
Centro Etnográfico da Terra de Montes (Cetmo) de Soutelo, aínda que nos
presupostos non se especifica nin unha soa peseta. Outras organizacións
si ten asinada unha axuda nestes novos presupostos aprobados. (A
Voz de Galicia)
|
21-marzo-2002.
A empresa "Vidrogal"
é a primeira en solicitar unha das parcelas do polígono industrial de
Vilapouca (Madalena). Quere arredor de 20.000 metros cadrados e levará a
cabo un importante investimento que pode crear máis de 50 postos de
traballo. (Faro de Vigo)
|
22-marzo-2002.
Os veciños de
Codeseda (A Estrada) van movilizarse por mor dos estragos do gando
mostrenco (ceibe) que baixan dos montes e acaban coas colleitas, sin que
ninguén se faga cargo dos danos. Tamén ten xa provocado accidentes na
estrada PO2003 entre A Estrada e Forcarei. (O Correo Galego)
|
20-marzo-2002.
O Concello de
Forcarei aumentará os gastos de persoal perto dun 40%, debido sobre todo
ós gastos do taller de emprego que continuará coa reconstrucción do
convento de Aciveiro. (A Voz de Galicia)
|
20-marzo-2002.
Os veciños de
Sabucedo reuniranse en asamblea para decidir si se inclúe ó concello de
A Estrada no colectivo "Rapa das Bestas" que xestiona a festa. Esto
facilitaría o papeleo e permitiría xestionar axudas, controlar a
"movida" ó arredor da festa ou mesmo contratar alguén que coide dos
cabalos do "santo". (Faro de Vigo)
|
18-marzo-2002.
O Concello de
Forcarei ten pensado construir un vertedeiro
de inertes (restos da construcción) na anterga canteira de
Castrelo e un "Punto Limpo" no polígono de
Cachafeiro. Eso decrarou o alcalde no acto que sinalou o peche do que
foi o basureiro municipal. (A Voz de Galicia)
|
20-marzo-2002.
Os veciños de
Zobra afirman que Telefónica querelles cobrar 10.800 Euros por un
teléfono, e máis enriba non presenta o presuposto por escrito. A razón
seguramente está na obsoleta tecnoloxía dos teléfonos da zona, que a
compañía quere cambiar, pero sin correr cos custos que esto supón.
(A Voz de Galicia)
|
18-marzo-2002.
As casas rurais
da nosa bisbarra estarán cheas esta semán de paixón. Os Madrileños,
vascos e extremeños son os máis madrugadores na visita a nosa terra,
sobre todo entre os días 25 e 31 de marzo. (A Voz de Galicia)
|
18-marzo-2002.
"Verbo Xido"
celebrou hoxe a súa limpeza do monte do Seixo. Recolléronse 400 Kg. de
lixo, desde latas de refrescos a baterías de coches. Distribuidos o
longo de todo o monte, atoparon moito escombro perto da escola de
parapente de Cerdedo, e o longo das estradas que recorren o parque, onde
recentemente se celebrou a I subida automovilística á Cerdedo.
(Faro de Vigo)0
|
14-marzo-2002.
O Concello de
Beariz é o de renta máis alta de todo Galicia, por encima de A Coruña,
Avión, Ourense e santiago. Esto debese á emigración, ás pensións e ó
subsidio de desemprego, posto que o nivel de actividade é certamente
mínimo. (O Correo Galego).
|
14-marzo-2002.
Forcarei acollerá
dous cursos para desempregados que valerán de mellora para aqueles que
recibiron outros semellantes o ano pasado. Son cursos de Deseño Gráfico
e de Maquinista de Confección, e comenzarán o 19 de Abril. (A Voz
de Galicia)
|
9-marzo-2002.
Gamesa proxecta
dous novos parques eólicos en Forcarei, aínda que non se coñece o seu
emplazamento nin están aprobados polos organismos correspondentes.
(Faro de Vigo)
|
10-marzo-2002.
"Verbo Xido",
asociación cultural da Terra de Montes informa que os concellos de
Cerdedo e Forcarei procederon a limpeza da maior parte do monte do Xeixo.
A pesares desto, non suspenden a marcha programada porque supón unha
importante concienciación dos cidadáns, e máim queren conquerir que se
poñan conteñedores para facilitarlles os visitantes a limpeza. amén se
celebrará un certame literario e grafico para os escolares da zona.
(Faro de Vigo)
|
5-marzo-2002.
Volve a
escoitarse falar do famoso "Safari Park" da Terra de Montes. Despois dos
problemas coas comunidades de Outeiro-Quintas en
Cerdedo, o concello de
Forcarei propuxo uns novos terreos perto de
Soutelo. O promotor afirma que os responsables
non iniciaron as negociacións cos propietarios dos terreos, pero máis
ben parece que ninguén se fía da seriedade da outra parte e non se
deciden a algo que pode despertar toda a bisbarra. (A Voz de
Galicia)
|
7-marzo-2002.
O Concello de
Forcarei contará próximamente con unha asistenta social en exclusiva.
Nestes intres, unha persoa compartía esta actividade entre Cerdedo e
Forcarei, mais os casos deste último son tantos que esixen a dedicación
total. (A Voz de Galicia)
|