29-Marzo-2001.
Os veciños de
Zobra, no concello de Lalín, acaban de recurrir en Industria o
permiso para o parque eólico de Ameixeiras -Testeiro, pertencente os
concellos de Lalín e Forcarei. Básanse no forte impacto
mediaombiental e en que os xeneradores están perto das vivendas, de
tal maneira que os veciños perciben o ruido. Aseguran que o parque
perxudica a caza, a apicultura e o turismo rural. Mentras tanto Gamesa,
a empresa explotadora, quere que sexa declarado de utilidade pública
para poder expropiar as terras. (A Voz de Galicia)
|
|
26-Marzo-2001.
O Concello de Cerdedo
persa rehabilitar as vellas escolas de Figueroa
, Deán e Loureiro convertindoas en locáis para uso dos veciños dos
lugares. Tamén acaba de aprobarse un plan para mellorar os accesos a
Loureiro e Quireza e o saneamento en figueroa, con un custe de cinco
millóns de pesetas.
|
20-Marzo-2001.
As vintedúas
vivendas sociais de Soutelo xa ten, cando menos, 40 veciños
interesados nelas. Para ter dereito a unha hai que ter un xornal de
menos de 2,5 veces o interprofesional e levar polo menos tres anos
vivindo ou traballando no concello. (A voz de Galicia)
|
20-Marzo-2001.
Os comerciantes
de Soutelo convocan unha asamblea para
constituir un colectivo que percure a defensa dos seus intereses.
Tratan de que se legalicen máis de trinta empresas que eles
consideran ilegais, e tamén que todos cumplan cos horarios de peche.
Así mismo síntense perxudicados pola venta ambulante, moi abundante
nesta terra. Parece ser que a última hora tamén se van xuntar
os comerciantes de Forcarei nunha misma asociación. (A voz de
Galicia)
|
20-Marzo-2001.

|
|
20-Marzo-2001.
O alcalde de
Cerdedo, Xosé Caramés, ten problemas con algúns dos seus
concelleiros máis xovenes. Algúns deles como Manuel Vieitez, Rogelio
Carballo e o propio Luís Jorge, fillo do alcalde, non están moi
dacordo coa vella maneira de facer política de Caramés, que algunhas
veces lévase mellor coa oposición que con eles mismos. (A voz de
Galicia)
|
20-Marzo-2001.
A xunta aprobou
unha subvención para a construcción dos colectores e a depuradora de
augas residuais do concello de Beariz. O Concello quere xuntar os
vertidos dos diversos núcleos de poboación nunha soa estación que
dea servicio á maioría dos 2500 habitantes do concello.
|
15-Marzo-2001.
O director
xeral de Turismo, Aurelio Miras e o presidente da asociación de
amigos do Mosteiro de Aciveiro, Xosé Luís Barreiro Rivas inauguran
hoxe oficialmente a Hospedería de San Gonzalo das Penas, instalada na
ala este do cenobio de Aciveiro. Ben é verdade que o chamada
"Hotel da natureza" xa está funcionando dende fai algúns
meses, contando con nove dormitorios, cafetería, comedor, etc. hasta
un total de 200 metros cuadrados. (A Voz de Galicia).
|
7-Marzo-2001.
Gamesa, a
empresa promotora dos parques eólicos na nosa terra acaba de quitar
do seu proxecto para o da Serra de Candán a parte que lle
correspondía o concello de Forcarei, aínda que eso non odifica a
cantidade de aeroxeneradores que pensan levantar. Son 75 aparellos de
660 kilowatios cada ún, con un total de 7200 millóns de pesetas de
investimento. (A Voz de Galicia)
|
2-Marzo-2001.
Unha marcha
ecoloxista para a defensa da Serra do Candán xuntou máis dun cento
de persoas procedentes de Lalín e Forcarei, e eso a pesar da choiva
que non parou de cair o longo do fin de semán. A marcha protestou
contra os parques eólicos en zonas protexidas da serra, e visitaron
as neveiras de Fixó, o alto de Coco, O Ameixedo e Bustelos, o
longo dun dos paisaxes mellor conservados da bisbarra. (A Voz de
Galicia)
|
|