O Tribunal Superior de Xustiza de
galicia admiteu a trámite o recurso do Concello de Forcarei contra da
anulación do parque eólico singular que lle fora concedido polo
anterior governo da Xunta. O Concello pensaba instalar tres
xeneradores a veira do actual parque de candán, polo que podería
negociar coa empresa explotadora deste parque a explotación conxunta.
Considérase que os ingresos serían suficientes para cubrir os gastos
en alumbrado público de todo o concello. (A Voz de Galicia)
28-Maio-2007.
Forte subida de PSOE en Forcarei, do
PP en Cerdedo e desaparición total do BNG das corporacións da
comarca. Este pode ser o resume das eleccións municipais de onte na
Terra de Montes. A subida do PP en Cerdeo compensou a caida en
Forcarei e A Estrada e salvou para este partido o diputado comarcal
que lle permite manter a maioría absoluta neste organismo
provincial. (Faro de Vigo)
10-Maio-2007.
Aprobáronse no Concello de Forcarei
os desenrolos urbanísticos necesarios para poder edificar a
residencia de maiores. Estas actuacións afectan a unha rúa de nova
creación e a varias parcelas privadas.
(A Voz de Galicia)
13-Maio-2007.
tres
millóns de euros investirá Fomento nas obras de mellora da N-541 a
seu paso por Cerdedo. Contará con pasos subterraneos, novas
aceras e otras actuacións. (A Voz de Galicia)