27-Maio-2005.
Os Concellos de Cerdedo e Forcarei poderán
instalar xeneradores eólicos própios co fin de aforrar na factura da
luz. Ambolos dous pensan ubicalos perto doutros parques xa existentes
para facilitar a saída da corriente. Probablemente se chegue a un
acordo coa empresa explotadora do parque para que sexa esta a que
explote os xeneradores a cambio dun canon fixo. (A Voz de
Galicia)
|
31-Maio-2005.
As vivendas sociais que está previsto
construir en Cerdedo (dez chalets adosados duns 90 metros cadrados
habitables cada un) terán un prezo máximo de 40.000 euros e
dependerá do nivel economico dos adxudicatarios, seun anunciou o
alcalde da vila Xosé Balseiros. (A Voz de Galicia)
|
26-Maio-2005.
Un mirador cuberto, farolas, bancos de
madeira, arbores e arbustos formarán a paisaxe do que foi o
vertedeiro de lixo de Cerdedo. A obra conta con un investimeto de
150.000 euros. Mentras tanto en Castrelo (Forcarei) xa está case
rematado o vertedeiro de inertes. (A Voz de Galicia)
|
26-Maio-2005.
Un novo edificio perto da vella biblioteca
será sede do novo centro cultural de Cerdedo. O edificio antiguo
será derrubado e o seu chan convertido en zona verde. (A Voz de
Galicia)
|
24-Maio-2005.
O Concello de Forcarei acordou desafectar as
vivendas dos maestros de Soutelo, nunca utilizadas para o seu aluger a
parexas xóvenes da vila. Tamén se acordou xestionar desde o propio
Concello a recaudación de impostos, actividade que nestes intres leva
a cabo unha xestoría local que cobra un 7% do recaudado. (A Voz
de Galicia)
|
24-Maio-2005.
A Conselleira de Asuntos Sociais da Xunta,
Belén Prado, visita estes días as obras levadas a cabo polos
alúmnos do Obradoiro de Emprego da vila de Cerdedo. Entre elas
destaca a mellora das rúas empedradas do casco vello, a ruta de Frai
Martín Sarmiento e o edificio da Cámara Agraria. (A Voz de
Galicia)
|
19-Maio-2005.
172.000 euros investirá a Consellería de
Agricultura na mellora do vial entre as aldeas de Rozados, Quintillán
e a Graña de Cabanelas, no Concello de Forcarei. Tamén se ten
previsto facer o mismo cos de San Marcos-Sixto en Pardesoa
e Liñares en Castrelo. (A
Voz de Galicia)
|
23-Maio-2005.
O Concello de Forcarei está restaurando o
enorno de dúas das súas pontes máis emblemáticas, A de Andón en
Aciveiro e a Ponte do Crego en Dúasigrexas. A Consellería de Medio
Ambiente da Xunta de Galicia aporta 30.000 euros para a segunda obra,
que mellor a a ponte, a balaustrada e un muiño, mentras que financia
totalmente a de Andón, onde se construirá un área recreativa.
(A Voz de Galicia)
|
4-Maio-2005.
A Corporación municipal de Cerdedo aprobou
por unanimidade o proxecto de renovación da rede de saneamento da
capitalidade e de construcción da nova depuradora. A Consellería de
Medio Ambiente da Xunta debe correr coa maior parte dos gastos, que
superarán os 1,25 millóns de euros. (A Voz de Galicia)
|
9-Maio-2005.
Segundo acordou a Asociación Rapa das Bestas,
este ano a festa de Sabucedo incorporará por primeira vez o marcado
dos cabalos con microchip. Tamén se acordou levar unha traída de
auga hasta o campo da festa. (A Voz de Galicia)
|