|
30-Maio-2004.
Un centro de veciños de Cerdedo
peregrinaron a pé hasta Santiago na madrugada de onte. Dende os dez
hasta os oitenta anos, poucos fixeron uso do autobús que os
acompañaba aínda que si tiveron que ser atendidos polo ATS
bastantes feridas nos pés dos camiñantes. (A Voz de Galicia)
|
|
|
25-Maio-2004.
O acceso do AVE por Cerdedo deixou de ser
prioritario para o novo goberno aínda que fora proposto
orixinalmente pola UGT e por técnicos do propio PSOE. Moitos dos
proxectos avalados polo "Plan Galicia" están a ser
revisados polos novos mandatarios. O PP segue a insistir neste
enlace e en todas as infraestructuras deseñadas neste plan. (A Voz
de Galicia)
|
26-Maio-2004.
O Concello de Forcarei apoia unha
hipotética autovía que enlace Pontevedra coa A-52 (Madrid-Vigo)
pasando por este concello. Este vial e a mellora do que comunica con
Lalín daría nova vida a esta terra. Non parece, nembargantes unha
das máis probables solucións xa que tamén se baraxan as de xungir
Pontevedra con Porriño ou coa Cañiza. (A Voz de Galicia)
|
|
19-Maio-2004.
A Diputación Provincial comprometeuse co
alcalde de Cerdedo en rematar canto antes as obras no vial Cerdedo-Quireza.
O presuposto é duns 120.000 euros. Tamén se reporá o firme no acceso
ó cemiterio de Quireza. (A Voz de Galicia)
|
24-Maio-2004.
O Coléctivo "Rapa das Bestas" quere tender
a mán ó concello da Estrada con vistas á vindeira Rapa, que terá
lugar entre os días 2 e 5 de xullo. Nestes intres estase a
renegociar o seguro para as reses e tamén se ten pensado recuperar
a marcaxe a ferro xa que a de nitroxeno probada o ano pasado ten
causado infecións nos cabalos. (A Voz de Galicia)
|
|
10-Maio-2004.
O B.N.G. de Cerdedo vense a queixar de
irregularidades na xestión do polígono industrial "Sangal" neste
concello. En concreto confirman que unha empresa de prefabricados
está a levantar a súa nave sin ter permiso nin haberse parcelado o
polígono. A nave ocupa perto da mitade de todo o solo industrial.
(A Voz de Galicia)
|
17-Maio-2004.
A Asociación ecoloxista "VerboXido" advirte
na presentación das actividades programadas para o día das letras
galegas que este ano está adicado a Xaquín Lorenzo "Xocas", da
importante destrucción do patrimonio etnográfico na Terra de Montes.
Como exemplo citan o casco vello de Soutelo ou a praza da igrexa en
Forcarei, e culpan dereitamente ós concellos polo abandono do seu
deber de protexer este patrimonio. (A Voz de Galicia)
|
|
4-Maio-2004.
O Alcalde de Cerdedo firmou en Santiago un
convenio coa Xunta para crear un punto limpo no concello e permitir
así a recollida selectiva do lixo ou residuos voluminosos habituais. (A Voz de
Galicia)
|
10-Maio-2004.
O Mosteiro de Aciveiro abrirá as portas
como "Hospedería Histórica" no vindeiro mes de xullo contando xa con
máis de 50 prazas (seis novos cuartos). A empresa "Pousadas de
Compostela", nova adxudicataria, ten catalogado esta hospedería
entre as mellores dentro da súa oferta. (A Voz de Galicia)
|