|
31-Maio-2003.
As entradas para a
Rapa das Bestas costarán 10 euros, cinco para os nenos, segundo
acordo da xunta da asociación que dirixe a festa. (A Voz de
Galicia)
|
|
|
29-Maio-2003.
O circuito de
karting da Madalena conta cun orzamento de 601.000 euros e estará
rematado para Xuño do ano que ven. O colectivo "Verbo Xido"
preguntase si non terá influencia na vida dos veciños, cando comence
a funcionar e o ruido chegue ó lugar. (A Voz de Galicia)
|
30-Maio-2003.
O alcalde de Cerdedo,
Caramés, afirma que serán os concellais de Cerdedo e Forcarei os que
elexirán ó diputado provincial de Tabeirós-Montes, e non os da
Estrada, como queren estes. (Faro de Vigo)
|
|
26-Maio-2003.
Resultados das
eleccións municipais na Terra de Montes:
Forcarei: Cerdedo Beariz
Votos Concell.
% votos Votos Concell. % votos
Votos Concell.
% votos P.P.
2254 9
72,9% 948
8 66,3%
812 9
90,6%
P.S.O.E
555 2
17,9% 211
1 14,7%
54
0
6,0%
B.N.G.
240 0
7,8% 234
2 16,4%
19
0
2,1%
Felicidades os tres
alcaldes, que repiten cargo e case resultados.
|
|
21-Maio-2003.
Un turismo arrollou
a dous cabalos do "santo" na estrada entre Forcarei e A Estrada,
entre Portela e Liripio. O conductor non resultou ferido.
(Faro de Vigo)
|
23-Maio-2003.
Un rapaz de 16 anos
de Quintas-Folgoso, no concello de Cerdedo, morreu a resultas de "snifar"
pegamento. O rapaz non remellaba ser "conflictivo", e eso fainos
pensar no perigo dunha sustancia á cal ten acceso todolos nenos, e
que poden chegar a "facer a proba" por calquer circunstancia.
(Faro de Vigo)
|
|
20-Maio-2003.
Microchips e
Hidróxeno líquido serán os novos utensilios para marcar ós cabalos
na Rapa das Bestas
contra o tradicional corte nas orellas. Por outra banda, os cabalos
do Santo formarán parte da Sociedade do Cabalo Galego do Monte, con
vistas a obter algunha axuda nos vindeiros anos. (A Voz de
Galicia)
|
20-Maio-2003.
Na
Madalena (Forcarei) construirase unha
pista de Karts según se acordou no concello de Forcarei. Ocupará
perto de 40.000 metros cadrados de monte, cedidos polos veciños.
Debe terse en conta que polas festas do vran xa se celebraba en
Soutelo unha importante carreira desta modalidade deportiva.
(Faro de Vigo)
|
|
16-Maio-2003.
Os veciños de Zobra
solicitaron a clasificación ó seu favor dos montes de Trascoco e o
Brixoi, no concello de Forcarei. Pouco importan as sentencias
desfavorables dos derradeiros anos. O feito, que merecerá un
comentario aparte dentro da sección de "Opinión" ven enrarecendo a
convivencia entre os veciños desta parroquia de Lalín e os de
Trasdomonte, na Madalena (Faro de Vigo)
|
19-Maio-2003.
Cerdedo acolle
varias actividades para lembrar a figura de Aviles de Taramancos, a
quén está dedicadomeste ano o día das letras galegas. Os actos
estarán organizados polos colectivos "Verbo Xido" e "Espadela", a
asociación "San Xoán Bautista" e o Concello de Cerdedo. (A Voz
de Galicia)
|
|
14-Maio-2003.
Medio millón de
Euros de investimento gastaranse na ampliación da hospedería de
Aciveiro. (A Voz de Galicia)
|
15-Maio-2003.
Xa empezamos cos
incendios. Tres onte no concello de Forcarei, e alomenos algún deles,
provocado. Foi en Presqueiras, Dúas Igrexas e Forcarei. (Faro
de Vigo)
|
|
9-Maio-2003.
O PSOE de Forcarei,
coa súa candidata, Ana Doval, ó frente, propón a creación dunha sala
multiusos en Soutelo, unha guardería municipal, un servicio de
atención á terceira edade, a mellora da conexión viaria con A
Estrada e Pontevedra e diversas melloras no agro co fin de fixar a
poboación no território e apostar por un desenrolo sostenible. (A
Voz de Galicia)
|
14-Maio-2003.
Só un de cada catro
candidatos na nosa terra é muller, e só na candidatura do PSOE por
Cerdedo hai máis mullerres ca homes. A única muller cabeceira de
lista é Ana Doval, do PSOE por Forcarei. (A Voz de Galicia)
|
|
5-Maio-2003.
A Diputación de
Pontevedra concede 200.000 euros para a mellora do acceso a Forcarei
dende a carretera de Silleda, 27.000 para o alumeado de Cerdedo e
18.000 para o peche do recinto escolar deste derradeiro concello. (A
Voz de Galicia)
|
5-Maio-2003.
O alcalde de Cerdedo e candidato
do PP X. Caramés, negocia a posta en marcha dunha conexión por
autobús do concello con A Estrada. Este é tamén un dos puntos que
propón o BNG na súa campaña electoral. (A Voz de Galicia)
|
|
5-Maio-2003.
O primeiro mitin importante na Terra
de Montes xuntou onte en Forcarei á Ministra de Sanidade de España, ó
Presidente da Xunta de Galicia e ó presidente do P.P. en Pontevedra
para apoiar a candidatura de Davis Raposeiras ó concello. (A Voz de
Galicia)
|
5-Maio-2003.
Os veciños de Ventoxo solicitaron
que se permitira o xido caria Soutelo na súa entrada á estrada N-541
quezais construíndo un carril especial, xa que esta é a dirección
máis normal dos vehiculos que san de Ventoxo, e que nestes intres
ten que dirixirse caria Folgoso para dar a volta. (A Voz de Galicia)
|
1-Maio-2003.
O B.N.G. de Cerdedo baseará a súa
campaña electoral na mellora dos servicios como o transporte, e a
creación de emprego, con a instalación dunha pranta de compostaje no
concello. Mentras tanto, o P.P. de Forcarei promoverá unha nova área
industrial en As Casetas, que se sumaría ás dúas existentes, e tamén
se seguirá axudando á concentración parcelaria e á creación de
emprego mediante obradoiros axeitados e a novos cursos de
capacitación. (Faro de Vigo)
|
2-Maio-2003.
Vinte anos levaba sin visitar a
Terra de Montes o Arcebispo de Santiago. Esta semán estao a facer con
todalas principais parroquias, unha a unha e con gran cantidade de
fieles asistentes. (Faro de Vigo)
|