28-Maio-2002.
O concello de
Cerdedo acordou señalizar como rota permanente de sendeirismo a
proposta por "Verbo Xido" entre Cerdedo e o pazo de
Raposeiras. Esto entronca coa recuperación da calzada romana, xa
aprobada, e a organización da iniciativa "Cerdedo, dúas
visións" do mesmo colectivo. (Faro de Vigo)
|
30-Maio-2002.
O alcalde de
Forcarei, David Raposeiras, pideulle a conselleira de Asuntos
Sociais, Dña Corina Porro, unha axuda económica para o remate das
obras de acondicionamento de dúas das antergas vivendas de maestros
para dedicalas a centro de día da terceira edade. Os locales
contarán con unhas 12 estancias e o investimento será de uns
60.000 euros. O envellecemento da poboación do concello está
obrigando a máis gastos neste área en toda a nosa bisbarra.
(A Voz de Galicia)
|
28-Maio-2002.
O Polígono
de Vilapouca (Forcarei) pode ter xa adxudicatarios dentro desta semán. Aínda
que varias das parcelas están moi disputadas espérase que aqueles
que non resulten agraciados coa que solicitoron acepten mudarse a
outra e non abandonen os proxectos. As empresas interesadas
son: unha fábrica de vidro, unha fontanería, unha de recambios de
coches, unha de distribución de alimentos e outra de manipulación
de productos ecolóxicos. (A Voz de Galicia)
|
29-Maio-2002.
As festas dos
Remedios en Cachafeiro (Forcarei)
contarán coa actuación do grupo "Los Chicanos del Sur"
para o próximo día 22 de Xuño. Tamén actuarán a orquesta
"Ritmo Xoven" e a Banda de Forcarei. Para os nenos teremos
xogos con "Infantilandia". O marco das festas será a
carballeira de "A Freixeira" onde tamén se disfrutará da
romaría campestre pola mañán. (Faro de Vigo)
|
24-Maio-2002.
O Concello de
Cerdedo proxecta melloras no Pazo de Raposeiras, no lugar de Meilide.
Como é coñecido, este pazo está vinculado co pai Martín
Sarmiento, ó que se homenaxeou este ano no día das letras galegas. (A Voz de Galicia)
|
24-Maio-2002.
A Sociedade
de Caza e Pesca de Forcarei organiza un curso de pesca para nenos
entre oito e quince anos. As sesións prácticas terán lugar nunha
paraxe tranquila como pode ser o lago Castiñeiras, perto de
Marín. (A Voz de Galicia)
|
22-Maio-2002.
A Asociación
de Mulleres de Cerdedo, "Espadela" programa viaxes a
Allariz, a Villafranca do Bierzo e a Viascón, este último para
coñecer o proceso do liño. Tamén se vai por en marcha un curso de
cociña e espérase organizar outros de repostería, arreglos de
flores ou bailes de salón. (A Voz de Galicia)
|
 |
17-Maio-2002.
O Lugar de
Loureiro, no Concello de Cerdedo acolle unha mostra de 40 máquinas
de escribir e hasta 6 calculadoras de manivela das máis antergas
coñecidas, algunhas delas con varios séculos de edade. Unha
participou en varios filmes de Agatha Christie. Na veira móstranse
algunhas das máis antergas, que datan de primeiros do pasado século,
e que nos foron enviadas por Jorge Castro. (Faro
de Vigo)
|
|
15-Maio-2002.
A Asociación
"Amigos da Terra de Montes" propón que a Sociedade
Comarcal de Galicia merque a casa modernista que perteneceu á
familia Barros de Soutelo para dedicala a centro comarcal. A casa
está tasada en 294.000 Euros pero os propietarios deixaríana en
180.000 si se dedicara a unha actividade pública. O presidente da
asociación, Xaime Iglesias Cendón pensa trasladar estas ideas ós
dirixentes da Sociedade Comarcal. (Faro de Vigo)
|
17-Maio-2002.
O Concello de
Cerdedo vai estudiar as medidas tomadas na Estrada para o gando
mostrenco. Os Problemas son semellantes e, de feito, os cabalos de
Sabucedo comparten recorrido polos dous concellos. (A Voz de
Galicia)
|
2-Maio-2002.
A Asociación
Cultural e Mediombiental "Verbo Xido" conta con outros
colectivos da provincia para a marcha que homenaxeará a Frai
Martín Sarmiento, entre eles a Comisión Sarmiento de Pontevedra, a
Asociación cultural Franca Irmandade e o Colectivo Paradola de
Arca. Tamén se espera que acudan membros da Comisión Sarmiento de
Villafranca do Bierzo. A Marcha consta de tres kilómetros e
seguirá as pasadas de Frai Martín relatadas no seu libro de viaxes
de 1745. (Faro de Vigo).
|
14-Maio-2002.
O Concello de
Cerdedo quere levantar un centro social no lugar da residencia para
vellos que lle nega a consellería da Xunta. Funcionaría de forma
semellante a un "Centro de día" para que os vellos pasen
as xornadas con actividades que melloren as súas condicións de
vida. (Faro de Vigo)
|