28-Febreiro-2008.
Presqueiras
(Forcarei) recupera o "Festival Folk Churrucao", que se
celebrará o vindeiro día 2 de agosto e vai pola cuarta edición. Xa
está organizada a comisión, que pedirá cartos ós veciños e
venderá camisetas para a súa financiación. Espérase contar con
unha carpa onde se sirva polvo e carne ó caldeiro. (A voz de
Galicia)
|
29-Febreiro-2008.
Con
6000 euros premiará o Concello de Cerdedo ás parexas que decidan ter
hasta catro fillos. Si son tres, será a metade. Desde o ano 2000, o
concello parece que se recupera algo da perda de poboación que sufreu
nos derradeiros anos do pasado século. (A Voz de Galicia)
|
24-Febreiro-2008.
José
Balseiros, alcalde de Cerdedo, quere reactivar as xestións para a
construcción do novo polígono industrial da terra de Montes, entre
as parroquias de Folgoso (Cerdedo) e Ventoxo (Forcarei). Serían perto
de dous millóns de metros cadrados entre o cruce da estrada a
Cachafeiro e o actual polígono de Vilapouca. (A Voz de Galicia)
|
28-Febreiro-2008.
O
Concello de Forcare iperdeu 700 habitantes desde o ano 2000 e quedase
en 4.381. A despoboación é extrema na parroquia de Dúas Igrexas,
onde se pasa de 516 no ano 1996 ós 224 neste ano.
As
trece parroquias perden poboación e pasan a ter:
Forcarei .......................... 829 h.
A Madalena ..................... 645 h.
Millarada ......................... 539 h.
Aciveiro .......................... 351 h.
Meavía ........................... 279 h.
Presqueiras (San Miguel)... 277 h.
Pardesoa ......................... 248 h.
Quintillán ......................... 236 h.
Dúas Igrexas ................... 224 h.
Presqueiras (Sta Mariña) .. 179 h.
Pereira ........................... 161 h.
Castrelo .......................... 124 h.
Ventoxo .......................... 122 h.
(A Voz de Galicia)
|
16-Febreiro-2008.
Oito
cabalos da asociación Rapa das Bestas apareceron mortos a coiteladas
no concello de Campo Lameiro. As pesquisas aínda non ten dado con
resultados que leven ós autores, nin siquera con unha maneira de
explicar un feito tan salvaxe. (A Voz de Galicia)
|
19-Febreiro-2008.
O vindeiro
23 de Abril celebrarase en Cerdedo a terceira edición da Festa do
Xavarín. Hoxe comenzaron xa os prparativos coas reunións entre
organizadores e concello. (A Voz de Galicia)
|
10-Febreiro-2008.
O
Candidato do PSOE ó Congreso pola provincia de Pontevedra Antón
Louro prometeu onte en Vilapouca que se desdoblará a estrada N-541
entre Soutelo e Carballiño dentro da vindeira lexislatura. (A Voz de
Galicia)
|
15-Febreiro-2008.
O
Concello de Forcarei afirma que só un 10% dos afectados polos atrasos
do IBI (70 de 700) falta por pagar ou solicitar o pagamento a prazos.
Este mismo concello acordou construir un edificio multiusos no
circuito de karts de A Madalena con aula e cafetería para poder
darlle máis variedade de utilización. O orzamento deste traballo
estará entre os 60.000 e 100.000 euros. Tamén se informou de que non
se instalará en Soutelo a antena de para móviles que a compañia
Orange xa tiña comenzado a montar. Noutras parroquias do concello si
se instalarán no lugar previsto ou noutros máis adecuados. (A
Voz de Galicia)
|
3-Febreiro-2008.
Hasta
21 traballadores solicita o Concello de Forcarei á Consellería de
traballo para os vindeiros meses. Levarían a cabo traballos nas
áreas de medio ambiente, deportes, obras públicas e turismo. As
tarefas principais ás que se destiñarían estes recursos serían a
reparación de pontes, desbroce de montes e camiños, adecuación da
piscina de Soutelo e información turística no mosteiro de Aciveiro . (A Voz
de Galicia)
|
4-Febreiro-2008.
Mal
tempo, hora e media de retraso do pregoeiro e, aínda así casi se
remataron as duascentas vinchas preparadas pola organización da festa
celebrada onte en Cerdedo. O mal
tempo obrigou a suspender a maioría das festas do carnaval da
bisbarra. En Soutelo, a festa vaise a celebrar o videiro sábado. (A Voz de Galicia)
|