17-Febreiro-2007.
Mañán celébrase en Cerdedo a VII
edicción da Festa da Vincha. Serviranse unhas 200 vinchas no
pavillón de deportes e poderase tamén degustar filloas, orellas e
outros doces. tamén se poderá xantar polvo, lacón con grelos, etc.
todo dentro do recinto. Haberá obradoiros artesanais e outros actos
culturales. (A Voz de Galicia)
|
17-Febreiro-2007.
Comenza a urbanización dos tramos
da vella estrada N-541 que pasan a ser propiedade municipal. A máis
importante é a travesía de Pedre pero tamén hai tramos en
Vichocuntín e Folgoso. (A Voz de Galicia)
|
13-Febreiro-2007.
38 vivendas novas na vila de
Forcarei en catro edificios que nestes intres están en construcción.
Unha actividade urbanística moi importante para o que é normal na
nosa terra. A existencia de novos postos de traballo nos polígonos
que se están pondo en marcha parece que aportar algo á despoboación
da zona. (A Voz de Galicia)
|
13-Febreiro-2007.
Un libro do escritor e membro da
comisión pola Memoria Siñor Afranio, Dionisio Pereira, que cita
persoas de Cerdedo como autores da represión franquista na comarca é
causa dunha denuncia de familiares destes persoan pola que está
citado no xulgado o autor. Varias organizacións e persoas
particulares queren acompañar ó escritor nesta comparecencia.
(A Voz de Galicia)
|
10-Febreiro-2007.
210.000 euros investirá o Concello
de Forcarei na mellora do firme de once pistas que dan acceso a varias
aldeas. Os traballos englobanse dentro do Plan de Acción Municipal da
Diputación de Pontevedra. (A Voz de Galicia)
|
10-Febreiro-2007.
Directivas da asociación cerdedense
Espadela presentaron a vinceira edición da Festa da Vincha que terá
lugar o día 18 deste mes. O kilo de vincha terá un prezo de 12 euros
ou 10 se é feita ó forno. Como todolos anos haberá concursos,
demostracións, etc. (A Voz de Galicia)
|