24-Febreiro-2006.
A empresa "Velatorios de
Pontecaldelas" mercou un solar detrás do pavillón dos deportes
de Cerdedo para construir un tanatorio nesta localidade. (A Voz de
Galicia)
|
24-Febreiro-2006.
O Cocello de Forcarei acordou
remozar a piscina municipal, disminuindo a profundidade da máis
grande para que sexa adecuada ós moitos que non saben nadar. Tamén
acordou pechar de momento con terra o vaso pequeno por non ter
capacidade de depuración suficiente. Tanto esta piscina como a de
Soutelo foron construidas nos anos setenta cun deseño moi pouco
adecuado ós veciños desta zona xa que ten hasta cinco metros de
fondo máximo e dous de mínimo. (A Voz de Galicia)
|
19-Febreiro-2006.
A Asociación de mulleres de Cerdedo,
Espadela, presentou a vindeira edición da VI Festa da Vincha que se
celebrará o vindeiro fin de semana na praza da igrexa. Un cento de
unidades deste postre de ovos, leite, azucre, pan e manteiga, todo
dentro da vincha curada dun porco, serán vendidas a 12 ou a 10 euros
dependendo do proceso de fabricación. Tamén se poderá mercar un
prato de cerámica con un menú de postres da zona por solo seis
euros. (A Voz de Galicia)
|
21-Febreiro-2006.
Os socios do Tecor de caza de
Forcarei e Río Umia acordaron a súa separación despois de moitos
desacordos nos cinco anos que levan xuntos. Os cazadores de Forcarei
queixanse da caza masiva que practican algúns das parroquias da
Estrada que están incluidas e os destas parroquias (Uns 250) creen
que non todos deben pagar polo que fagan uns poucos e, en todo caso, o
referendun para tomar esta decisión debe tomarse con máis tempo
posto que solo acudiron unha ducia deles á xunta onde se acordou a
separación. (A Voz de Galicia)
|
5-Febreiro-2006.
As axudas ó fogar serán gratuitas
no Concello de Forvarei para os que non cheguen ó 75% do salario
mínimo e terán un custo entre un 10% e un 20% para os que estén
entre esta cantidade e o total do salario mínimo. (A Voz de Galicia)
|
18-Febreiro-2006.
O orzamento do Concello de Forcarei
será de uns tres millóns de euros. Este ano aínda non están
aprobadas as contas polo retraso na definición dalgunhas
partidas. (A Voz de Galicia)
|
1-Febreiro-2006.
As axudas serán gratis no concello
de Forcarei para aquelas familias que non pasen do 75% do salario
mínimo. Para rentas lixeiramente superiores a este valor, a familia
terá que aportar un 10%, un 20%, etc. a razón dos seus
ingresos. (A Voz de Galicia)
|
2-Febreiro-2006.
Na que foi Escola Pública de Levoso
(Quintillán), levantada no ano 1938 cos cartos dos emigrantes na
Arxentina, estase a por en marcha un Centro de investigación e
divulgación da agricultura ecolóxica, un dos cinco que a fundación
Galicia verde quere abrir en Galicia. O Proxecto necesita 383.000
euros en financiación, para levantar invernadeiros e outras
instalacións, que o concello e a fundación andan a recoller nestes
intres. (A Voz de Galicia)
|