|
23-Febreiro-2004.
A asociación Amigos da Terra de Montes
rendirá homenaxe ó médico Manuel Iglesias, natural de Soutelo, e o
frade Isaac Vázquez, de Beariz. A asociación acordou entablar
negociacións cos propietarios dos terreos nos que está situada a
fortaleza do Castro de Montes, en Presqueiras, co gallo de conseguir
unha cesión ou venta e convertir este simbolo da nosa terra nun
lugar público e turístico. O colectivo tamén quere erguer un
monumento ó "Verbo dos Canteiros" e a
outros ornamentos na bisbarra. (A Voz de Galicia)
|
25-Febreiro-2004.
A Xunta investirá 230.000 euros na
modernización da traída de auga de Soutelo,
contando coa construcción dun novo depósito de 500 metros cúbicos e
da rede central de abastecemento. O Concello tamén invertirá outros
210.000 nos ramales, incluido o polígono de Vilapouca. Tamén se
levará a cabo o acondicionamento da praza exterior do mosteiro de
Aciveiro.
|
|
20-Febreiro-2004.
O lume arrasou máis de quince hectáreas de
monte perto da Lagoa Sacra, entre os concellos de A Estrada e
Forcarei.
|
22-Febreiro-2004.
Hoxe, na carpa do Concello de Cerdedo
situada na praza da igrexa, celébrase a Cuarta Festa da Vincha,
incluído o concurso. Está organizada pola asociación de mulleres "Espadela"
de Cerdedo e leva camiño de convertirse, xunto cas do Cogumelo, A
Richada, etc., noutro referente das novas romárías
gastronómicas do inverno na Terra de Montes. (M.C.)
|
|
18-Febreiro-2004.
A Corporación local de Cerdedo acordou
solicitar a construcción dun parque eólico de dous ou tres
xeneradores eléctricos e estudiar a mellor solución de
aporveitamento. Tamén se acordou, igual que Forcarei, de apoiar a
petición de ampliación do Hospital de Montecelo que están a facer
outras asociacións veciñais de Pontevedra. Del depende toda a nosa
área sanitaria. (A Voz de Galicia)
|
19-Febreiro-2004.
O Instituto Xeográfico e Catastral está
estudando "in situ" os problemas nos lindes entre Forcarei e Cerdedo,
en concreto no monte do Seixo, entre Presqueiras e Carballás. O
Conflicto aumenta, como outros, coa construcción dos parque eólicos
e os beneficios económicos que supón para algunhas aldeas. (A
Voz de Galicia)
|
|
16-Febreiro-2004.
O Bloque Nacionalista Galego de Cerdedo
pide ó Concello que o lixo sexa recollido dúas veces por semán como
estaba previsto e non unha como se está a facer desde que hai que
levalo á planta de Sogama, en Silleda. O equipo de goberno dí que o
camión está en moi mal estado e o custo é moi importante a pesar de
que xa se subeu o recibo unha elevada porcentaxe, polo que estas
deficiencias son transitorias e acabarán cando pidan sustituir o
camión ou se merque un remolque compactador. (A Voz de
Galicia)
|
17-Febreiro-2004.
A Consellería de Medio ambiente invisteu
recentemente 2,5 millóns de euros nos concellos de
Beariz, O Irixo e Leiro. En concreto, en
Beariz inaugurouse unha estación depuradora de auga na que se
gastaron 921.644 euros. Tamén se firmou un acordo de colaboración
para a levar a cabo a rede de saneamiento de A Bouza e Magros.
(A Voz de Galicia)
|
|
16-Febreiro-2004.
O Concello de Cerdedo pensa implicarse cada
vea máis na "Festa da Vincha" dada a importancia que está a adquirir
o certamen gastronómico que se celebrará o vindeiro sábado día 22. A
festa, promovida nestes intres pola asociación de mulleres "Espadela",
ofrecerá unha degustación popular de vinchas e outros postres
típicos do carnaval como orellas, filloas ou flores. Tamén haberá
mostras de cestería, traballo no barro, no liño, etc., todo en vivo
e en directo. O pregón será dado pola actriz Comba Campoy, da serie
"Rías Baixas" da TVG. (A Voz de Galicia)
|
16-Febreiro-2004.
Segúnd os mapas recibidos polos concellos
de Forcarei e Cerdedo do ministerio de Fomento, o tren de alta
velocidade (AVE) entraría en Forcarei por Soutelo, en dirección a
Barciela, onde pasaría ó concello de Cerdedo. Este trazado non está
aínda aprobado, pero afectaría a poucos kilómetros en Forcarei aínda
que dunha anchuro máis ca notable. Ambolos dous concellos
queren manter unha postura conxunta si chegara o caso de que se
aprobara este trazado. (A Voz de Galicia)
|
|
12-Febreiro-2004.
As solicitudes de axuda amparadas polo plan
"Leader Montes" xa cubren a metade do seu presuposto cando aínda se
poden solicitar hasta o mes de santos do 2006. Dúas empresas xa
remataron o traballo e ten cobrado as subvencións. (A Voz de
Galicia)
|
12-Febreiro-2004.
A Asociación de Amigos da Terra de Montes
reunirase o vindeiro día 20 na biblioteca de Cerdedo. Entre outros
asuntos de interese, tratarase da recuperación do entorno da
fortaleza do Castro de Montes. (A Voz de Galicia)
|
|
5-Febreiro-2004.
A empresa compostelán "Pousadas de
Compostela" é a adxudicataria do hotel ampliado do Mosteiro de
Aciveiro. O establecemento abrirá no mes de maio e caqmbiará o seu
nome comercial (pasa a chamarse "Mosteiro de Aciveiro) e tamén a
decoración interior, que pasará a ser rústica e a comida que será
tradicional da Terra de Montes. A empresa pagará 8.000 euros cada
ano. (A Voz de Galicia)
|
11-Febreiro-2004.
A Asociación de comerciantes de Forcarei
tén previsto por en marcha un curso de publicidade, marketing e
técnicas de venta con vistas a mellorar a formación dos asociados.
(A Voz de Galicia)
|
|
4-Febreiro-2004.
Dúas persoas acusadas de roubar a Caixanova
de Soutelo foron absoltas ó non mostrarse "contundentes" os testigos
no xuízo que se celebrou en Pontevedra ó respecto do seu
recoñecemento. (A Voz de Galicia)
|
4-Febreiro-2004.
O candidato do PSOE ó concello de Beariz
(Luis Janeiro Lamas) foi condenado a seis meses de cadea por
ameazas a un empresario ourensán. Ó parecer, o empresario tiña
despedido a súa muller do traballo. (A Voz de Galicia)
|