|
28-Febreiro-2003.
Os concellos de Lalín e Forcarei buscaron
onte na sede deste último un acordo amistoso para o litixio que ven
mantendo por mor da pretensión dos veciños de Zobra de revisar os
lindes do seu monte cos dos lugares de Trasdomonte. Estes lindes,
que datan de 1942, aínda que con anterioridade (1889) eran aínda
máis favorables a Forcarei, chegan segundo documento que obra nas
mans dos veciños de Zobra, que coincide co catastro do Marques da
Ensenada (1755 e 1756), perto do lugar da Graña, en Trasdomonte. Ë
importante coñecer que a configuración actual dos concellos data do
1833 aproximadamente. (A Voz de Galicia)
<Comentario >
|
|
|
19-Febreiro-2003.
Os departamentos de Servicios Sociais de
Forcarei e Cerdedo pon en marcha unha "Escola de pais" con conversas
nas que participarán educadores, traballadores sociais e os mesmos
alcaldes dos concellos. (Faro de Vigo)
|
19-Febreiro-2003.
No vindeiro mes de marzo entragarase por
parte da Consellería de Cultura da Estrada a documentación do
expediente para conquerir a calificación de "Interese turístico
internacional" para a Rapa das Bestas. (Faro de Vigo)
|
|
6-Febreiro-2003.
A Rapa das Bestas volve a estar en perigo.
Os membros da asociación que se encarga do coidado dos cabalos do
santo queixanse que xa casi non poden pastar en ningún monte dos
arredores. O mal ven, o parecer, pola cada vez maior cantidade de
cabalos sen identificar, que non se responsabilizan dos danos nas
colleitas, e que fan que os veciños poñan cada vez máis trabas ó
pastoreo. O caso é que a parroquia de Sabucedo ten moi pouco monte
propio e os cabalos sempre percorreron os correspondentes a Cerdedo,
A Estrada e Forcarei. (Faro de Vigo)
|
7-Febreiro-2003.
Os comuneiros dos montes de Cerdedo
permitirán o pastoreo dos cabalos do Santo nos seus montes,
recoñecendo que a asociación organizadora é a única que se
responsabiliza dos danos feitos polos cabalos. Todos xuntos pensan
traballar por erradicar os cabalos sin marcar dos seus montes.
(A Voz de Galicia)
|
|
3-Febreiro-2003.
A asociación de mulleres "Espadela" de
Cerdedo reúnese hoxe nunha asamblea para comenzar a preparación da
festa Festa da Vincha, que se celebrará o primeiro do vindeiro mes
de marzo.
(A Voz de Galicia)
|
5-Febreiro-2003.
A directiva do "Plan Leader Plus Montes"
reúnese para comenzar a organizar o traballo das distintas mesas
sectoriais e, entre outras cousas estudiar a modificación dos
estatutos e a ubicación dos paneis informativos en todo o
territorio. (Faro de Vigo)
|