26-Febreiro-2002.
O Concello de
Forcarei quere levar a cabo a mellora de varias pistas rurais e o
ensanche da estrada que vai de Soutelo a Ratel, para o que está xa
negociando cos veciños dos lugares afectados. (A Voz de Galicia)
|
28-Febreiro-2002.
A Diputación de
Pontevedra presentou o libro "Santa Mariña de Tomonde, Cerdedo, Terra
de Montes" do finado historiador Antonio Rodríguez Fraiz, o célebre
"Cura de Campañó". (A Voz de Galicia)
|
25-Febreiro-2002.
A Asociación
Cultural e Medioambiental "Verbo Xido", sen dubida a máis activa da
bisbarra, prepara unha nova marcha a pé caia o monte do Seixo para
reivindicar a súa limpeza, moi deteriorada desde que por mor do parque
eólico, se melloraron os accesos. Tamén se organizarán diversos actos
para a conmemoración do día das letras galegas, dedicado nesta ocasión a
Martiño Sarmiento, home moi relaciodo coa comarca. (Faro de Vigo)
|
25-Febreiro-2002.
A Sociedade de
Caza e Pesca de Focarei pretende que Gamesa aporte uns 36.000 euros para
a restauración da fauna e flora da serra de Candán. Tamén se informa que
está prácticamente aprobado pola Consellería de Medioambiente o
uso conxunto coa sociedade "Río Ulla" dos cotos do río Umia. (Faro
de Vigo)
|
25-Febreiro-2002.
O Centro
Etnográfico da Terra de Montes (CETMO) de Soutelo vai contar un ano máis
coa axuda de Caixanova para tarefas de mantenemento, restauración e
mellora. (A Voz de Galicia)
|
25-Febreiro-2002.
Hasta un total de
dez empresarios interesáronse xa polos terreos do novo polígono de
Vilapouca (Forcarei). Os prezos do metro cadrado van dos 4,81 euros ós
7,51, e as parcelas non poden ser vendidas hasta pasados cinco anos da
posta en marcha da actividade empresarial. (A Voz de Galicia)
|
23-Febreiro-2002.
Fálase neste días
que desde o Concello de Vigo e desde a U.X.T se está a facer propostas
para que o A.V.E. Madrid-Santiago-Vigo chegue a cidade olívica por
Cerdedo, onde se separaría do que vai á Coruña. Dando por sentado que
non terá parada aquí, sería para os nosos veciños só unha agresión máis
ó medio ambiente da bisbarra. Outra cousa sería si se tratara de
comunicarnos mellor con estas cidades ou aportar postos de traballo.
(M.C.)
|
25-Febreiro-2002.
O Taller de
emprego de Forcarei xa comenzou a traballar realizando practicas nos
ubertos que rodean o patio central do Mosteiro de Aciveiro (Construcción
e Carpintería) e dentro da área recreativa de Cotelo (os de Xardiñería).
Os alumnos son nestes intres un total de 36. (A voz de Galicia)
|
11-Febreiro-2002.
Os concellos de
Cerdedo e Forcarei estánse a por dacordo para a publicación conxunta dun
libro sobre a vida de Frai Martiño Sarmiento, homenaxeado no Día das
Letras Galegas deste ano. Frai Martiño viveu temporadas no pazo de
Raposeiras (Meilide) onde naceros os seus pais e resideu sempre a s{ua
familia. O libro estará coordinado pola catedrática na
Universidade de Santiago Carme Hermida, tamén desta terra. O
Cocello de Cerdedo está a mellorar o pazo e os accesos con vistas ó
aumento de visitas que se pode producir. (Faro de Vigo)
|
16-Febreiro-2002.
Hoxe, como se
dixo nouta destas novas, celébrase en Cerdedo a festa da Vincha". Aprte
do dedicado dereitamente a este postre, a festa conta con unha
exposición de cerámica de Niñodaguia, outra de cestería tradicional e
unha terceira sobre o liño, que contará coa colaboración do Centro
Etnográfico da Terra de Montes. (Faro de Vigo)
|
11-Febreiro-2002.
A Festa da Vincha
que se celebrará en Cerdedo o vindeiro sabado día 16 contará carpa
cuberta na praza da igrexa. Poderase degustar un menú composto por
Carne ó Caldeiro, orella de porco e chourizos por 9 Euros, e calquera
especialidade sóa por algo menos. Tamén se poden mercar lotes de
productos gastronómicos e rematarase co concurso de vinchas pola tarde e
a actuación de varios grupos musicáis pola noite. A pregoeira é Feli
Manzano, actriz moi coñecina na TVG. ( A Voz de Galicia)
|
13-Febreiro-2002.
Gumersindo
Guinarte Cabada, Forcareicense e nestes intres secretario xeral da
Universidade de Santiago, será candidato a vicevaledor do pobo polo
PSdeG. (Faro de Vigo)
|
9-Febreiro-2002.
A Deputación de Pontevedra
concédelle ó concello de Forcarei 144.862 Euros (24,1 millóns de
pesetas) para a nova zona industrial de Vilapouca. Outros tantos
repartiranse entre saneamentos de Dúas Igrexas, Portela de Lamas, e
Meavía. No concello de Cerdedo serán 120.000 Euros para a estrada
Cerdedo-Castro-Quireza, 92.500 para o polígono industrial e 69.300
para melloras ós accesos ó lugar de Trasaldeas e pavimentación en
Cachofes. (Faro de Vigo)
|
11-Febreiro-2002.
As compañías de
seguros non queren asegurar os cabalos de sabucedo e os membros da
cooperativa pensan que sin seguro a festa desaparecerá. Estiman eles que
ninguén quere arriesgar o séu património para perdelo por mor dun
accidente con algún dos cabalos do santo. A solución pasa por censar e
identificar os cabalos e que a consellería de Agricultura se faga cargo
da Póliza. (A Voz de Galicia)
|
8-Febreiro-2002.
No lugar de San
Marcos (Pardesoa), O lobo atacou a varias
ovellas na plena luz do día e moi perto das casas. Algúns veciños pensan
que se pode tratar de cans bravos pero a maioría culpa ó lobo das perdas.
(A Voz de Galicia)
|
21-Xaneiro-2002.
O Concello de Forcarei
rexistrou só 18 nacementos ó longo do ano 2001 contra os 24 do ano
anterior. Os finamentos foron 28, pero a realidade é que moitos dos
nosos vellos morren fora, onde os seus fillos. O concello pasa de 9244
habitantes no ano 1950 ós 4850 de hoxe. (A Voz de Galicia)
|
7-Febreiro-2002.
Comenzan as obras
de mellora da estrada PO-200 entre Aciveiro e Cachafeiro que rematará
de xuntar Forcarei e Silleda e Lalín ó longo da serra de Candán. As
obras ten un presuposto de 2,6 millóns de Euros (442,5 millóns de
pesetas) e un prazo de 2 anos. (A Voz de Galicia)
|
8-Febreiro-2002.
O Concello de
Forcarei pensa dar prioridade á denominada "Calle J", unha
rúa paralela á do progreso que debe ser urbanizada en canto o PXOM
sexa aprobado. O constructores pensan que esta nova zona será motor de
expansión para Forcarei dad o escaso que está o chan urbanizables
nesta vila. (A Voz de Galicia)
|
5-Febreiro-2002.
A Cooperativa
"San Lourenzo" de Sabucedo alegará contra as bases de
adxudicación do albergue desta parroquia. Pensan que o período de 8
anos non é suficiente para amortizar os perto de 50.000 euros que se
deben invertir e que o investimento público na posta en marcha non é
suficiente. Debe terse en conta que o fin non debe estar na
rentabilidade senón na creación de postos de traballo na parroquia que
reteña ós xoves nela. (Faro de Vigo)
|
7-Febreiro-2002.
O Concello de Forcarei
expón hoxe as listas dos adxudiactarios das vivendas sociais de Soutelo.
Só catro solicitantes quedaron fora desta lista por puntuación xa que
outros tantos foron dados de baixa por diversas circunstancias. (A Voz
de Galicia)
|
4-Febreiro-2002.
O Centro
Etnográfico de Soutelo (CETMO) sobrevive gracias ás axudas da
asociación cultural "Verbo Xido". A calificación de
"Colección visitable" foi desestimada pola dirección do
patrimonio, aínda que si fora apoiada polo Museo do Pobo Galego. Esto
fai que as axudas públicas non cheguen e só algunha privada como a de
CaixaNova permite abrir o centro. O Concello, mentras tanto, tampouco
mostra ningún interese en axudar unha iniciativa privada tan singular
coma esta. (A Voz de Galicia).
|
4-Febreiro-2002.
O 4 de febreiro
de 1165 unha ducia de monxes benedictinos fundaron o Mosteiro de
Aciveiro. O longo destes 867 anosalcanzou unha enorme importancia na
comarca, ardeu máis dunha vez, foi atacado por tropas de Napoleón, e
abandoado a mediados do século XIX. Hoxe serve como hospedería e
tamén de escola taller pero sigue aportando riqueza á bisbarra.
(Faro de Vigo)
|
4-Febreiro-2002.
O alcalde de
Forcarei, David Raposeiras, solicitou da dirección xeral de Patrimonio
e Turismo da consellería de Cultura da Xunta as axudas necesarias para
avanzar na reconstrucción do convento de Aciveiro. Trátase de mellorar
os cubertos nos que traballan os alumnos do taller de emprego local e de
rematar as do edificio principal para ampliar a hospedería de San
Gonzalo das Penas para que permita aloxar grupos. (A Voz de
Galicia)
|
4-Febreiro-2002.
En Cerdedo
celebrarase este entroido un baile de disfraces, aparte da II Festa da
Vincha que organiza a asociación de mulleres "Espadela" e
terá como pregoeira á actriz galega Feli Manzano (A nai de Miro na
serie "Pratos combinados"). Os veciños poderán deseñar os
seus disfraces nun local da biblioteca preparado para este menester.
(A Voz de Galicia)
|
2-Febreiro-2001.
O concello de
Forcarei aproba a cesión dun local para a instalación dunha emisora de
radio, concretamente "Radio Estrada", que informará dos
concellos da comarca. A decisión foi tomada con presa pola intención
da emisora de comenzar as emisións no mes de marzo. Si os locales non
reuniran condicións adecuadas pensase trasladalos con posterioridade e
incluso contar con un punto do dial separado do 107.7 no que emite Radio
Estrada (Faro de Vigo)
|
4-Febreiro-2002.
A sala de lectura
que ven funcionando no local social dos Castros (Quireza)
pode ser pechada por falta de usuarios. Nestes intres abre dous días
cada semán, pero é posible que se deixe só nún deles ou pechar
definitivamente si, pasado o verán, non aumentan os visitantes. Debe
terse en conta que só se conta con uns poucos libros para nenos e os
outros deben ser solicitados da biblioteca de Cerdedo, da que depende.
(A Voz de Galicia)
|
1-Febreiro-2002.
O Concello de Cerdedo
acaba de conquerir a financiación que lle faltaba para o remate da
Praza do Concello, pendente dende hai máis de dez anos. Parece ser que
se enlousará a parte que falta e construirase unha fonte no medio da
praza. (A Voz de Galicia)
|
1-Febreiro-2002.
A parroquia de Millerada,
a máis extensa do concello de Forcarei, acaba de presentar perto de 200
firmas solicitando a concetración parcelaria. Esto é toda unha
revolución xa que nunca nestas terras se tuvo moito aprecio a esta
mellora, que sen dubida axudará a sacar o noso agro do seu secular
atraso. (Faro de Vigo)
|