30-Decembro-2007.
O Concello
forcaricense está realizando xestións para darlle contido o museo da
música tradicional que se está a construir en Soutelo de Montes, a
veira do multiusos, con fondos europeos do plan Leader. O investimento
será duns 160.000 euros. Trátase de ir localizando instrumentos,
como gaitas e acordeons, alguns traxes ou prendas de gaiteiros históricos,
discos, fotos ou imaxes. Houbo contactos recentes con un veciño de
Chamosa, Xesús Campos, integrante de Os Diplomáticos do Acordeón,
que conta con unha amplia colección de acordeons desde hai máis de
40 años. Entre os máis de cen instrumentos figura algún con casi
200 anos. Él podería aportar ou ceder algún deles. No seo das
familias Cachafeiro e Pichel, entre outras, tamén se poderían
conseguir gaitas históricas ou prendas de vestir. (A Voz de
Galicia)
|
29-Decembro-2007.
A Diputación de
Pontevedra comprometeuse a apoiar ó Concello de Forcarei para ampliar
en 110.000 metros cuadrados o polígono industrial de Vilapouca,
que conta con unha extensión de 70.000 metros. O Concello xa ten
concluido a modificación urbanística para realizar esta ampliación,
aprobou o proxecto e está pendente da expropiación dos terreos,
propiedade da comunidade de montes de Vilapouca. Un total de 16
empresas esperan a ampliación para instalarse no parque. O
organismo provincial colaborará na realización e organización dos
viales do parque e tamén realizará un proxecto para mellorar a
estrada Cachafeiro-Vilapouca. Este convenio incluirá a mellora do
cruce Cachafeiro-Millarada e a eliminación da peligrosa curva de
Arenta e outra na estrada Cachafeiro-Silleda. A Diputación financiará
tamén o acceso ó circuito de karting de Soutelo. (A Voz de
Galicia)
|
27-Decembro-2007.
No pasado ano, o
Concello de Cerdedo aumentou en 72 habitantes hasta chegar ós 2.402.
Neste mesmo período de tempo Forcarei perdeu 77 persoas e quédase en
4.428. (A Voz de Galicia)
|
27-Decembro-2007.
O Sindicato Unións
Agrarias está asesorando ós propietarios en conflicto co Concello de
Forcarei polo cobro dos atrasos do IBI. Entregou nas oficinas perto de
douscentos recursos contra este imposto. (A Voz de Galicia
|
14-Decembro-2007.
O Concelo de Forcarei
vai por en marcha un novidoso servicio de "catering" a
domicilio para persoas maiores. Unha empresa repartirá comida unha
vez cada semán, con menú personalizado e un prezo dependente das
posibilidades da persoa. Está destiñado a maiores que vivan soios. (A Voz de
Galicia)
|
21-Decembro-2007.
A Asociación de
comerciantes de Forcarei sorteará hasta sete cestas de nadal entre os
compradores da zona. Será en coordinación co gordo da lotería.
Tamén celebrarán varios actos sociais. (A Voz de
Galicia)
|
13-Decembro-2007.
A Asociación de
comerciantes de Forcarei sorteará hasta sete cestas de nadal entre os
compradores da zona. Será en coordinación co gordo da lotería.
Tamén celebrarán varios actos sociais. (A Voz de
Galicia)
|
13-Decembro-2007.
Cine, obradoiros,
conciertos, baile e chocolatada son algunhas das actividades que ten
previsto o concello de Cerdedo para este nadal. Tamén, por suposto,
haberá reis para os nenos. (A Voz de
Galicia)
|
11-Decembro-2007.
Hoxe ponse en marcha
en Forcarei un novo Obradoiro de emprego con trinta alumnos que se
formarán en horticultura e fruticultura ecolóxicas. (A Voz de
Galicia)
|
11-Decembro-2007.
Dúas novas vivendas
de maestros pasarán a ser vivendas sociais en cerdedo. Son xa dez as
que ten seguido este trámite. Aínda que o custe da renovación será
de perto de 48.000 euros por vivenda, poderán ser mercadas en
bastante menos. (A Voz de
Galicia)
|
02-Decembro-2007.
Forcarei celebra hoxe
a Festa da Richada. Este ano cábiase a carpa na praza polo "tapeo"
gratuito nalgún dos bares da vila. Son o "Victoria", "paris" e
"Mediodía" de Forcarei e "Cachafeiro" e "Arenta" de Cachafeiro.
(A Voz de Galicia)
|
05-Decembro-2007.
Os veciños de
Millerada e Soutelo reuniranse os vindeiros días con Alcalde de
Forcarei, David Raposeiras, para analizar a situación creada pola
instalación de reemisores da firma Orange en puntos do concello sin
permiso municipal. (A Voz de Galicia)
|