20-Decembro-2006.
Casi 7 millóns de euros ten xa
comprometidos en obras o concello de Cerdedo para o vindeiro ano. En
total son perto de trinta actuacións onde destacan a depuradora (1,2
millóns), urbanización e aceras en Quireza (0,6 millóns), a
urbanización dos tramos da N-541 que pasan a propiedade municipal
(0,5 millóns), etc. (A Voz de Galicia)
|
|
20-Decembro-2006.
Confortlastic, a firma que vai
ocupar todo o polígono do Sangal (Cerdedo) quere contar con un
mínimo de cen traballadores do concello desde o momento en que a nave
sexa rematada. Outra cousa é que aquí se conte con tantos
interesados en paro. (A Voz de Galicia)
|
20-Decembro-2006.
Remata o programa Leader Plus da
comarca Tabeiros - Terra de Montes. Adxudicáronse os derradeiros
cartos para proxectos subvencionados (350.000 euros para o museo de
música tradicional de Soutelo, da cantería en Cerdedo, etc.). Tamén
se aprobou a construcción dun observatorio astronómico en Levoso (Forcarei),
o acondicionamento da área fluvial da Lama (180,000 euros cada un
deles) e a construcción dun albergue en Beariz (122.000 euros).
Quedan 45.000 euros pendentes de asinar. (A voz de Galicia)
|
20-Decembro-2006.
A Xunta entregou recentemente ó
concello de Cerdedo un remolque para repartir o sal polas estradas do
municipio cando cheguen as primeiras nevadas. Será protecció Civil
do concello a que se encargue deste traballo. (A Voz de Galicia)
|
20-Decembro-2006.
268.575 euros é o orzamento da
mellora do vial Soutelo - Ratel (Forcarei) que foi adxudicado pola
diputación recentemente. O proxecto para esta mellora tivo que ser
modificado e os presupostos aumentaron de xeito importante. (A
Voz de Galicia)
|
9-Decembro-2006.
Verbo Xido anuncia para o vindeiro
día 17 a cuarta edicción do percorrido popular do roteiro Sarmiento,
que vai desde a igrexa de Cerdedo hasta o pazo de Raposeiras (Melide).
(A Voz de Galicia)
|
9-Decembro-2006.
Casi un 100% aumentan os presupostos
do concello de Cerdedo para o ano 2007. A causa é a venta das
parcelas do polígono do Sangal máis o traspaso dos tramos da vella
N-541 que pasan a titularidade municipal coas súas correspondentes
dotacións de diñeiro. (A Voz de galicia)
|
3-Decembro-2006.
A XIII Festa da Richada celébrase
hoxe en Forcarei, na carpa situada na praza do concello. Haberá
actuacións de gaitas, feira de artesanía, unha concentración de
Seat 600 e outras actividades. (A Voz
de Galicia)
|
6-Decembro-2006.
Cerdedo presentou á Consellería de
Medio Rural o seu plan piloto para coidar e explotar os montes. Entre
outros proxectos hai un dunha planta de biomasa que aproveitará
precisamente os residuos da limpeza destes montes (A Voz de Galicia)
|