21-Decembro-2005.
O diputado forcareicense no
parlamento de Galicia, Alejandro Gómez, preguntou na cámara polo
estado dos proxectos aprobados polo goberno anterior para este
concello. En concreto trátase da mellora do vial Soutelo-Cachafeiro,
da modificación da N-541 e do multiusos de Soutelo de Montes. Ó
mesmo tempo, o alcalde, David Raposeiras, tratou este tema cos
delegados provinciais para que non cheguen a esquecerse os
temas. (A Voz de Galicia)
|
22-Decembro-2005.
A Diputación Provincial de
Pontevedra aprobou por fin o remate do vial Forcarei-Folgoso e dotou o
proxecto con 47 millóns de euros de orzamento. (A Voz de
Galicia)
|
14-Decembro-2005.
A Asociación "Rapa das Bestas"
anda bucando implicar as institucións nun plan de dinamización da
parroquia para que a festa teña repercusión máis alá do mes de
xullo e, agora que existe o albergue, poidan recibirse visitas todo o
ano. Creación de rutas de sendeirismo, recuperación de muíños e
zonas arboladas, un centro de interpretación da rapa, etc. son
algunhas das ideas que se baraxan. (A Voz de Galicia)
|
20-Decembro-2005.
"Terra de Montes" será o
título do CD que recopilará toda-las grabacións dos Gaiteiros
de Soutelo. Co selo Ouvirnos e o patrocinio do Concello de
Forcarei, reproducirá os doce temas grabados no ano 1928 en Ourense,
pero con tecnoloxía que permite unha mellor calidade do son. Virá
acompañado dun libreto coa historia do cuarteto e outras notas do
investigador musical Juanjo fernández. (A Voz de Galicia)
|
4-Decembro-2005.
Cen quilos de carne (Unhas
catrocentas racións) son preparadas hoxe na XII festa da Richada en
Forcarei para ser consumida a prezos populares na Praza do Concello. O
mal tempo non impide a participación e os restaurates máis
importantes ten hoxe prato especial de richada. A música corre a
cargo dos "Festicultores" de A Limia e o pregón, do
coñecido humorista estradense Isis. (A Voz de
Galicia)
|
6-Decembro-2005.
O Concello de Cerdedo ten 25
veciños máis no derradeiro ano, e esto rompe unha mala racha de
moitos anos, cando os números sempre eran negativos. Forcerei perdeu
40 habitantes pero tamén de empeza a ver unha certa recuperación dos
nacementos. Desde 1981, Cerdedo leva perdidos 2.088 habitantes e pasa
por ser o municipio máis envellecido da bisbarra. Forcarei perdeu
3.448, aínda que ten de por si máis poboación. (A Voz de Galicia)
|