28-Decembro-2004.
O
alcalde de Cerdedo, Jorge Caramés pensa dimitir no pleno que se vai
celebrar o vindeiro xoves. O novo alcalde será con seguridade José
Silvestre Balseiros, número dous na candidatura do PP coa que ganou
as eleccións Caramés.
Este, de sesenta e catro anos, que retirarse da política e pensa
deixar tamén os seus cargos no partido nunha vindeira reunión. (A
Voz de Galicia)
|
|
21-Decembro-2004.
O Alcalde de Cerdedo
ten pedido ó Ministerio de Fomento a entrega dos tramos da vella
estrada N-541 que quedaron fora de servicio cando se mellorou esta
estrada por mor do Plan de Accesos a Galicia dos anos setenta. Os
máis importantes son as travesías dos lugares de Vichocuntín e Pedre.
(A Voz de Galicia)
|
28-Decembro-2004.
Os orzamentos do
Concello de Forcarei para o vindeiro ano 2005 aproximan ós 2,5
millóns de euros. Deles case un 67% vanse en gastos de persoal e
servicios, mentras que os investimentos non pasan dos 660.000
euros.. (A Voz de Galicia)
|
16-Decembro-2004.
O Concello de Cerdedo
invita a tolos veciños a coñecer a gardería e o seu funcionamento e
o mesmo tempo abre o plazo para a matricula dos nenos. A capacidade
do centro é de uns vinte nenos.
(A Voz de Galicia)
|
21-Decembro-2004.
A planta de reciclaxe
de escombros de Forcarei, situada na vella canteira de Castrelo
costará perto de 720.000 euros e será a primeira da provincia. As
obras comenzarán en Xaneiro e permitirán reciclar hasta un 90% dos
materiais que entren na planta.
(A Voz de Galicia)
|
13-Decembro-2004.
A posible instalación
dunha fábrica de transformación de leite por parte dunha cooperativa
galega está sendo estudiada polos concellos da terra. Forcarei
ofrécelles unha parcela perto da estrada que comunica con Lalín e
que contaría con ventaxas fiscais e no seu prezo. O alcalde de
Silleda promete tamén traballar no tema.
(A Voz de Galicia)
|
15-Decembro-2004.
Cine para nenos e
adultos, cursos, deportes e actuacións musicais serán as actividades
programadas polo Concello de Forcarei para este nadal. Os reises
pasarán pola capitalidade e por Soutelo como é tradicional. Tamén o
Concello de Cerdedo organizará esta cabalgata pero aparte haberá
obradoiros, festas, bailes e unha festa infantil o día 31 no local
de exposicións do concello.
(A Voz de Galicia)
|
6-Decembro-2004.
Dúas mil persoas
acercáronse a Forcarei e deron boa conta dos cen kilos de richada na
carpa instalada ó pe da igrexa. O lider do grupo “Herdeiros da Crus”
dou o pregón, e actuaron os Diplomáticos do acordeón e celebrouse
un mercado de productos da terra. O bo tempo axudou poito ó exito da
festa. (A Voz de
Galicia)
|
13-Decembro-2004.
Alejandro Gómez,
diputado no Parlamento de Galicia e veciño de Forcarei, será o
encargado de defender neste parlamento a conversión da actual
estrada N-541 nunha vía de alta capacidade que acerque á Terra de
Montes ás cidades de Pontevedra e Ourense. Este acercamento
permitiría a moitas familias residir na bisbarra aínda que tiveran o
traballo nalgunha das capitales de provincia.
(A Voz de Galicia)
|
1-Decembro-2004.
Cen kilos de carne
richada serán repartidos o vindeiro domingo día 5 entre os
asistentes a XI edición da festa da Richada en Forcarei. Ôr outra
banda, os restaurantes da vila acordaron un prezo único para o menú
de degustaciónneste día de festa. Serán 15 euros por un primeiro
plato, a richada, pan viño e café.
(A Voz de Galicia)
|
2-Decembro-2004.
Esta vez foi a ministra
de Fomento Magdalena Alvarez a que volveu a dar prioridade ó trazado
do AVE entre Pontevedra e Vigo por Cerdedo. As reviravoltas nas
declaracións son do máis habitual desde que o governo na nación
cambiou e plantexaronse de novo moitas inversións do chamado “Plan
Galicia”. Hai que suliñar que este trazado non mellora en nada as
comunicacións da Terra de Montes xa que non contaría con ninguha
estación na bisbarra. (A
Voz de Galicia)
|
|
|
|