12-Decembro-2003.
Inaugúrase en Forcarei un Centro de
inseminación artificial de gando porcino, con unha dotación de uns
cincoenta sementais. (A Voz de Galicia)
|
12-Decembro-2003.
O presuposto do Concello de Forcarei para o
ano 2004 andará por uns tres millóns de euros. Mentras tanto o de
Cerdedo investirá 117.000 para elaborar o seu PXOM. (A Voz de
Galicia)
|
10-Decembro-2003.
Forcarei reparte hoxe máis de cen
kilos de carne na súa Festa da Richada. Por primeira vez haberá unha
degustación de valde de richada con patacas cocidas. A festa terá a
súa continuación cos actos de tipo cultural como a presentación da
revista "Cotaredo" deste ano e a inauguración de exposicións de
pintura (Manuel Fragoso), maquetas (José Pichel) e varias
conferencias. Actuará o humorista Paco Mivida e a banda de música
"Flor de Toxo". (A Voz de Galicia)
|
10-Decembro-2003.
A aldea de Espiñeiros, na parroquia de
Meavía (Forcarei) queda fora do plan de
sustitución dos vellos teléfonos TRAC por outros de cable que ven
realizandose no concello. Os sete veciños reclaman que a mellora
solo chegue hasta Valadares e nos está previsto que se prolongue
polo kilómetro que lle falta hasta Espiñeiros porque habería que
cambiar as liñas, que nestes intres só permiten 25 usuarios, que son
os que ten o servicio en Valadares. (A Voz de Galicia)
|
4-Decembro-2003.
O Concello de Cerdedo verase obrigado a
levar o lixo á planta de SOGAMA de Silleda desde o vindeiro mes de
Xaneiro. O malo é que só hai un camión e ten 16 anos, o que
quere decir que non vai tardar en fallar. (A Voz de Galicia)
|
5-Decembro-2003.
A empresa Monbús ampliará os servicios
entre a Terra de Montes e Pontevedra con, a lo menos, catro novos
autobuses. A compra das liñas por esta empresa á Castromil foi a
desencadeante da desaparición de hasta dez servicios. As queixas dos
veciños obrigaron á empresa á reposición dos autobuses. Os horarios
decidiranse nos vindeiros días. (A Voz de Galicia)
|
3-Decembro-2003.
Os veciños de Masgalán de Arriba, na
parroquia de Aciveiro (Forcarei) queren
instalar unha rede común de abastecemento de gas propano. Tería un
depósito duns 4.000 kilos e daría calefacción á todo-los veciños
(Once en total). (A Voz de Galicia)
|
4-Decembro-2003.
Os comerciantes de Forcarei (Acef)
sortearán unha televisión e un DVD ó longo deste nadal mediante unha
rifa que se distribuirá polos buzóns de correos dos concellos
veciños e nos comercios da localidade. A asociación conta con 69
socios que queren ser bastantes máis. Tamén están a rematar un
acordo cos comerciantes de A Estrada, Moraña e Cuntis para xuntarse
nun consorcio que mellore o seu funcionamento.
(A Voz de Galicia)
|
2-Decembro-2003.
A Xunta de Galicia concedeu 160 hectáreas
de terreo da parroquia de Pedreó Concello de
Cotobade. O Concello de Cerdedo apoiará a
reclamación e presentará a súa propia por consideralo unha cacicada
sin basamento legal. (A Voz de Galicia)
|
2-Decembro-2003.
A Festa da Richada de
Forcarei ofrecerá este ano unha
degustación de valde para os asitentes, con carne preparada pola
asociación de mulleres de Forcarei (Amfor). Os restaurantes de
Forcarei e Cachafeiro porán a venda un menú común polo prezo de 15
euros. Actuará o humorista Paco Mivida. (A Voz de Galicia)
|
1-Decembro-2003.
A Asociación "Verbo Xido" participou
na manifestación que celebrou en Pontevedra contra a Empresa
Nacional de Celulosas, responsabilizandoa da choiva aceda que din
que chega a nosa terra. Sin coñecer o basamento científico, é ben
certo que o cheiro, cando o vento ven de caria o mar, chega e ben
forte. (A Voz de Galicia)
|
2-Decembro-2003.
A Mancomunidade de municipios do Deza
estudia a posible fórmula para a incorporación de Forcarei, que ten
manifestado a intención de entrar e a quen se lle insta a que
solicite no pleno a súa incorporación para empezar cos trámites. A
sede da mancomunidade proponse que sexa Expodeza. (A Voz de Galicia)
|