|
28-Decembro-2002.
A Casa da Cultura de Pedre será o lugar
sinalado para a celebración dunha merenda de encontro mar-terra en
solidaridade cos afectados pola marea negra. Contarase coa
colaboración dos colectivos "Nunca mais" e "Espadela". O acto terá
un contido cultural con diversas intervencións de xente relacioada
co suceso e cos voluntarios que colaboran na súa limpeza. ( A
Voz de Galicia)
|
28-Decembro-2002.
O Colectivo "Verbo Xido" editará o traballo
ganador do concurso sobre o impacto dos parque eolicos na nosa terra.
Trátase dun traballo formado por debuxos e texto realizado por oito
alumnos da escola de Montillón (A Estrada), recien clausurado.
(A Voz de Galicia)
|
|
23-Decembro-2002.
Hoxe inaugurase o tramo Santiago-Dozón da
autoestrada Ourense-Santiago. Este tramocomunica tamén parte da
Terra de Montes, ou polo menos presenta unha alternativa de viaxe
caria Santiago por Silleda. Claro que por tratarse dunha autoestrada
de peaxe, hai que pagar perto de tres euros por este tramo.
(Faro de Vigo)
|
26-Decembro-2002.
Forcarei aprobou un presuposto de 1,87
millóns de euros para o ano 2003, dos cales casi 1,2 millóns van
para gastos de persoal e servicios. As inversións baixan hasta os
515.000 euros. A causa deste descenso é a desaparición da escola
taller.
|
|
16-Decembro-2002.
O Colectivo ecoloxista "Verbo Xido" rematou
cunha marcha o seu "Ano Sarmiento", aínda que esta rematou sendo
case un recordo constante os afectados da marea negra do Prestige.
Recorreron a ruta entre Meilide e Soutelo tal e como o fixera o
frade no ano 1745. (Faro de Vigo)
|
16-Decembro-2002.
Tres cabalos do Santo morreron noutras
tantas trampas perto dos lugares de Marcenlo e Trabadela, na
parroquia de Codeseda. Segundo Cesar García Rivas, presidente da
asociación "Rapa das Bestas", este tipo de trampas poñenas os
labregos cando os cabalos baixan caria as súas leiras. O lóxico
sería rematar dunha vez a normativa sobre gandería mostrenca ou que
alguén corra cos gastos dos danos, nunca acabar coa vida dos animais.
En moitas ocasións o que cai na trampa non é unha res salvaxe senón
unha doutro gandeiro. (Faro de Vigo)
|
|
10-Decembro-2002.
Manuel Prado, Alcalde de
Beariz e presidente da Mancomunidade de
municipios do Carballiño, anunciou que esta entidade vai proceder a
renovar os conteñedores de lixo para reciclar da comarca, amáis de
ampliar o seu número. (A Voz de Galicia)
|
10-Decembro-2002.
As casas rurais da Estrada, Forcerei e
Cerdedo vanse asociar para levar a termino unha serie de traballos
en común. Aínda que a idea xa ten máis de dous anos, so nestes
intres se constitueu realmente a asociación e se elixeu a xunta
directiva. Esta asociación representa a perto de vinte propietarios.
(A Voz de Galicia)
|
|
5-Decembro-2002.
Nas parroquias de
Meavía e Quintillán do concello de
Forcarei exponse as bases provisionais da
Concentración Parcelaria. Os casi seiscentos propietarios das terras
deben comprobar si os datos son correctos ou presentar as alegacións
que desexen antes de que unha laboura tan importante para a mellora
no noso agro comence co reparto das terras e o trazado de novos
camiños. (Faro de Vigo)
|
5-Decembro-2002.
O Concello de Forcarei quere instalar un
miniparque eólico con só dous muiños, e rebaixar así o seu custo en
electricidade. Costaría perto de 1,4 millóns de euros ó concello e
outros tantos á iniciativa privada. Aínda non ten ningún lugar
decidido como emprazamento. (A Voz de Galicia)
|
|
1-Decembro-2002.
A IX festa da Richada celébrouse hoxe en
Forcarei, na carpa da Praza do Concello. O actor Tacho Gonzalez foi
o pregoeiro, as alumnas do curso de cociña da asociación de
Muelleres de Forcarei prepararon a carne para degustación
popular da que se consumiron unhas cincocentas racións, e os
restaurantes deron de comer a quén quixo o ancestral prato da terra.
Unha feira de productos artesanais da bisbarra deslucida un pouco
polo mal tempo, remator a xornada. (Faro de Vigo)
|
2-Decembro-2002.
Este fin de semán, desde o Concello de
Lalín, celebrouse unha subida 4X4 a Candán para automovilistas
aficioados. Todo recorrido foi por pistas impracticables polo mal
tempo, o que lle dou certo parecido ós rally-raid. (Faro de
Vigo)
|