21-Decembro-2001.
O Concello de
Forcarei sacou a concurso cinco prazas para servicios do concello.
Entre elas, asistente social, oficios varios, protección civil,
etc. A información para os interesados pódese solicitar nas
oficinas do concello e no boletin oficial. (Faro de Vigo)
|
21-Decembro-2001.
O B.N.G. do
concello de Cerdedo amosa a súa preocupación polos cortes de luz
no concello. Un problema xa moi vello que Fenosa non parece disposta
a soluccionar. Cada inverno aparecen estes cortes, debidos ó
parecer ó mal estado dos tendidos. (Faro de Vigo)
|
21-Decembro-2001.
Forcarei vai
instalar un local de acollida nas dúas viviendas de maestros que
están desocupadas. (Faro de Vigo)
|
21-Decembro-2001.
Un grupo de
mulleres está interesada en montar unha cooperativa textil no
concello. Estas mulleres, que non viven aquí, precisan socias do
lugar e pensan dedicarse á confección e os bordados. (A Voz
de Galicia)
|
12-Decembro-2001.
Os veciños
de Zobra propúxeron ó alcalde de Lalín a construcción dun área
recretiva en A Trigueira, dentro das actuacións do pla Leader
Plus. (A Voz de Galicia)
|
12-Decembro-2001.
O Concello de
Forcarei quere converter o antergo vertedeiro de lixo de Monte
Castrelo nunha granxa cinegética tras da incorporación definitiva
a SOGAMA. (A Voz de galicia)
|
5-Decembro-2001.
Os veciños
de Ínsua , en Parada (Cerdedo) descubriron
que o cruceiro da Capela do Pego foi descabezado e rompido no chán
de maneira que parece intencionada. Esta capela e cruceiro atópanse
semiabandoados no interior do bosque, pero ten máis de cen anos e
gran valor artístico. (A Voz de Galicia)
|
19-Decembro-2001.
Ocolexio de
Forcarei acdou o terceiro premio no concurso galego de panxoliñas
(villancicos) con unha dela de orixe popular e outra inedita. (A Voz
de Galicia)
|
3-Decembro-2001.
Este fin de
semán celébrouse a VIII edicción da festa da Richada en Forcarei.
Foron 1.500 racións de carne e fabada, todo por 500 pts. O
pregoneiro foi Xacobo Pérez (Humorista radiofónico de Corre
Carmela que Chove) e tamén se celebrou un mercadillo de
productos da terra e diversos xogos tradicionais. A asistencia foi
bastante mellor que noutros anos.
|
3-Decembro-2001.
Virxilio
Viéitez foi galardoado co premio San Martiño pola asociación
O Brado da Estrada por defender o galego e usalo sempre na súa fala
cotiá. Virxilio afirmou sentirse máis emocionado que noutros dos
moitos premios que lle están dando últimamente porque este é un
premio otorgado por "amigos e non por estranos".
|