19-Agosto-2007.
Anxo Quintana afirmou onte en
Soutelo que todo-los nenos galegos debería coñecer e cantar o himno
galego porque oficializa os sentementos de Galicia como país. Según
Quintana, a letra de Pondal expresa "a loita dun pobo en defensa
da súa lingoa e da súa identidade". Estas verbas tiveron unha
importante repercusión nos diarios e nas tv. estatais pola semellanza
con as de grupos independentistas doutras nacionalidades. (O
Correo Galego)
|
20-Agosto-2007.
Os Diplomáticos do acordeón, cinco
orquestas e grupos punteiros, bandas de música, xogos para nenos,
fogos e moitos autos relixiosos compón o programa das festas dos
Dolores, en Forcarei. Darán comenzo o vindeiro venres día 24 e
durarán hasta o lúns da seguinte semán. (Faro de Vigo)
|
01-Agosto-2007.
O vindeiro 5 de Agosto celebrarase
en Forcarei un seculo do nacemento de Adelino Pichel, O gaiteiro de
Sorribas. O polifacético músico, que morreu, alá polo ano 1994,
actuou case sempre en solitario e a súa música quedou en parte
tapada pola maior popularidade do gaiteiro de Soutelo, con quen tocou
nalgunha ocasión. (A Voz de Galicia)
|
17-Agosto-2007.
A XXVIII Festa do Gaiteiro, en
Soutelo de Montes terá mañán novidades importantes como a
supresión do concurso de bandas (queda só o individual). Será
pregoeiro o artesán gaiteiro Xosé Manuel Seivane e entregaranse
medallas de honra a varios persoeiros e institucións, entre eles a
editorial Ruada e Maduro, o sobriño de Avelino Cachafeiro. Ten
previsto a súa asistencia o vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo
Quintana (O Correo Galego)
|