29-Agosto-2006.
Os veciños de Meavía e Dúas
Igrexas, os máis afectados polos incendios da primeira semán deste
mes, expresáronlle ó delegado provincial de medio ambiente, Gonzalo
Costenla, o malestar polo funcionamento das brigadas contra o lume.
Tamén se pediron axudas para a compra de forraxe que supla o que
ardeu nas leiras queimadas. A Diputación xa se comprometeu na axuda
ós animais que se alimentaban nos montes queimados (Rapa das Bestas)
e tamén algunhas granxas que perderon a maior parte das reservas para
o inverno. (A Voz de Galicia)
|
|
25-Agosto-2006.
Desde hoxe hasta o vindeiro luns,
catro días de festas en Forcarei na honra da Virxe das Dores e San
Roque. Coma todolos anos, música cada día (bandas e gaitas) e cada
noite (grupos e orquestas) con uns gastos de 18.000 euros que aínda
están tratatando de xuntar a nova comisión de festas. (A Voz
de Galicia)
|
25-Agosto-2006.
Dúas son as prioridades do concello
de Forcarei nos vindeiros anos: o aumento do chan industrial e a posta
en marcha dunha residencia de maiores. A primeira cumpliríase coa
ampliación do polígono de Vilapouca en 100.000 metros cadrados (Hoxe
ten 60.000 totalmete ocupados). A segunda xa ten solar, cedido pola
familia do ex-alcalde Filgueira e o compromiso da Xunta de financiala.
Falta ver que ambalas dúas se cumplan. (A Voz de Galicia)
|
24-Agosto-2006.
A paralización do PXOM de Beariz
por falta de resposta da Xunta non permite que se poña en marcha o
albergue previsto para máis de cen usuarios que quere construir o
concello. O alcalde non quere acollerse ó "silencio
administrativo" e que despois surxan problemas cando as obras
estén iniciadas. (A Voz de Galicia)
|
25-Agosto-2006.
Despois de seis anos de
funcionamento, o Centro Etnográfico da
Terra de Montes pecha as portas por falta de axudas. Só atenderá
visitas con cita previa. A familia González, propietaria do centro,
leva gastados do seu bolsillo 48.000 euros sin que ningún organismo
oficial puxera nin un peso. Só Caixanova axudou durante uns anos pero
nesta ocasión deixa de facelo. O concello nunca aportou nada, nin
siquera o cita na guía turística. Os gastos de funcionamento son moi
modestos, uns 2700 euros cada ano, e a familia está disposta a abrir
de novo si algún organismo se mostra disposto a axudar. (A Voz
de Galicia)
|
20-Agosto-2006.
Onte celebrouse a XXVII Festa do
gaiteiro en Soutelo, con uns 800 músicos participantes nos certames
de solistas e bandas. Actuaron tamén os humoristas "Corre
Carmela que chove" e leu o pregón o pintor Xosé María
Barreiro. Soutelo quedou sin festas de San Roque por non xuntarse unha
comisión adecuada. (A Voz de Galicia)
|
22-Agosto-2006.
Alo menos vinteún "cabalos do
santo" da Rapa das Bestas morreron queimados nos incendios da
pasada semán. Outros trinta foron atopados sanos e estaban na aldea
de Montillón (A Lama) onde tiñan comida pero desapareceron e só
nove foron recollidos en Campolameiro. A asociación tratará de
buscar un lugar onde poidan pacer ou terán que ser alimentados con
forraxe. (A Voz de Galicia)
|
17-Agosto-2006.
O maior grupo de voluntarios na
prevención de incendios de toda Galicia está aloxado en Pontemaríl
(Forcarei). "A boas horas ..." pensan algúns mal pensados,
cando está chovendo en toda a comarca. (A Voz de Galicia)
|
17-Agosto-2006.
A novas asociación "Vento noso"
que xunta uns 6000 dannificados pola instalación dos xeneradores
eólicos nos montes da provincia de Pontevedra, quere que un 10% dos
beneficios desta actividade, estimados en 96 millóns de euros no ano
2005 só na . Actualmente chega ós propietarios do monte menos dun
1%. (A Voz de Galicia)
|
16-Agosto-2006.
Aínda hoxe non está totalmente
recuperado o servicio de teléfono nos concellos de Forcarei e Cerdedo
despois dos incendios da pasada semán que deixaron os tendidos
totalmente arrasados. En Avión e Beariz seguen traballando na
estinción definitiva do lume. (A Voz de Galicia)
|
16-Agosto-2006.
O Concello de Forcarei quere limpar
os muros do interior da igrexa do convento de Aciveiro e reformar a
piscina de Soutelo como se fixo na de Forcarei, disminuindo a
profundidade, o que supuxo un importante aumento de usuarios. Para
eso quere que a Consellería de cultura da Xunta colabore co concello.
(A Voz de Galicia)
|
14-Agosto-2006.
Castor Cachafeiro, hirmán de
Avelino e integrante dos míticos Gaiteiros de Soutelo, será
homenaxeado na XXVII Festa do Gaiteiro que terá lugar nesta
vila o sábado día 19. Cúmprense cen anos do nacemento de Castor,
que, despois de desfacese o cuarteto, levou con el a súa sabedoría
ó outro lado do Atlantico formando unha escola en Venezuela. (A Voz
de Galicia)
|
14-Agosto-2006.
Un enorme incendio está asolando os
montes de Berariz e Avión. Un home, emigrante en Venezuela, está
detido por ser o causante por unha neglixencia, aínda que de xeito
non intencioado. Este vran está sendo un dos peores da historia en
Galicia en canto a incendios e, sobre todo á cantidade de terra
queimada. (M.C.)
|
12-Agosto-2006.
Verbo Xido recorda ós veciños
asasinados na Guerra civil dentro das cuartas xornadas "Terra de
Todos e Todas" que terán lugar hoxe en Cerdedo. Preséntase
o libro de Dionisio Pereira "A II República e a represión
franquista en Cerdedo" onde se reordan os 18 asasinados neste
concello. (A Voz de Galicia)
|
12-Agosto-2006.
A Deputación de Pontevedra acordou
aceptar as indicacións da Federación Internacional de Automovilismo
(FIA) para que o circuito de Karting de Soutelo cumpla as normas desta
federación internacional. Estas modificacións terán un custo
adicional de 100.000 euros, sobre os 520.000 que estaban
asignados. (A Voz de Galicia)
|
9-Agosto-2006.
O exercito tivo que chegar a
Forcarei e preparar a evacuación de Pardesoa e Pousada a causa do
incendio que comenzou en Soutelo. En Cerdedo tamén houbo que
traballar dabondo por parte dos veciños, posto que as brigadas de
incendios non chegaron hasta ben entrada a tarde (A Voz de Galicia)
|
9-Agosto-2006.
A falta de medios para apagar os
incedios da zona vai rematar en treboada política. Ós Concellos da
comarca fóronlle retiradas varias brigadas (pasaron de doce a sete) a
a efectividade baixou bastante por mor de decisións políticas pouco
acertadas. As perdas económicas no rural son moi importantes, non só
no monte, senón tamén en forraxes para o gando que estaban aínda
depositados nas leiras. (A Voz de Galicia)
|
2-Agosto-2006.
Ángel Roubín, o emigrante que doou
ó concello de Forcarei a casa en Vilapouca na que se ubicará a casa
do pobo para Soutelo e Pardesoa será distinguido coa medalla de honra
de Forcarei. tamén terán distincións os deportistas Manuel
Canabal e carlos Valiñas (Cinco veces campión de españa de Kung
Fu), o pintor Nelson Zumel, e tres funcionarios xubilados. A título
póstumo otorgaráselle a Castor Cachafeiro, compoñente do grupo de
gaiteiros de Soutelo e hirmán de Abelino. (A Voz de Galicia)
|
5-Agosto-2006.
Dúas Mulleres morreron queimadas
entre Dorna (Cotobade) e Pedre (Cerdedo) por causa do incendio
que arrasa estes dous concellos nos últimos días. Galicia enteira
está sufrindo este vran un verdadeiro calvario co lume e, aínda que
estamos xa acostumados, poucas veces se tiña chegado á perda de
vidas. A estrada N-541 foi cortada varias veces (A Voz de Galicia)
|