31-Agosto-2005.
Graña de Umia (Forcarei)
celebra a súa "Festa do caracol" con máis de 50 kilos
deste molusco que se degustará gratuitamente na carballeira da veira
do río que da nome ó lugar, entre Quintillán e Muras (San
Bartolomeu de Pereira). Por se queda fame, tamén hai polvo á feira e
churrasco. Pos máis charangueiros, musica con Pai da cana e o dúo
Punto Zero. (A Voz de Galicia)
|
|
26-Agosto-2005.
Forcarei estase a converter nu
centro de "movida" xuvenil coa apertura de dúas discotecas
que recollen a tradición que mantuvo en Forcarei a sala Paraiso,
fundada hai moitos anos polo Gaiteiro de Sorribas. (A Voz de
Galicia)
|
30-Agosto-2005.
O Concello de Forcarei acordou
triplicar o tipo impositivo do IBI ós parque eólicos, aplicándolle
o máximo permitido (1,3 % fronte ó 0,5% que se lle aplica ás
vivendas). Pasará así de recaudar 7.461 euros por este concepto o
pasado ano a recoller 19.399 neste 2.005. Outros concellos da bisbarra
xa están pensando na mesma medida. (A Voz de Galicia)
|
21-Agosto-2005.
Daniel Bellón e Edelmiro
Fernández, gañadores xa nos anos 2004 e 2003, empataron a puntos no
concurso de solistas da festa do gaiteiro de Soutelo. Ó fin, na
segunda actuación douse gañador a Daniel Bellón por un solo punto
de diferencia. Como percusionista ganou Andrés Vilán. Mariano Rajoy,
presidente nacional do PP, non pudo dar o pregón polo accidente de un
helicoptero militar en Afganistán, que lle causou a morte a varios
soldados españoles, algúns deles galegos. (A Voz de Galicia)
|
26-Agosto-2005.
Comenzan as festas da Virxe
das Dores en San Roque en Forcarei. Contarán con catro días de
verbenas e actos culturais, sobre todo actuacións musicais que contan
con un presuposto de 18.000 euros conseguidos por doazóns de
particulares, publicidade, postos de feira, etc. Da organización
ocupáronse este ano José Pichel e José Luis Barrio, que tiveron que
facelo nun tempo record. (A Voz de Galicia)
|
19-Agosto-2005.
Oitocentos músicos, uns sete
mil visitantes, o concurso de bandas de gaitas transmitido pola TVG, o
concurso de solistas para escoller o mellor gaiteiro de Galicia, o
pregón a cargo de Mariano Rajoy, estrega de medallas a Milladoiro e
Carlos Nuñez e multitude de actuacións musicais que rematarán coa
de Berrogüeto no parque de Venezuela. Son as credenciais que presenta
Soutelo para a súa XXVI Festa do Gaiteiro que se celebrará hoxe e
mañán na que será, esta vez con máis dereito ca nunca, a capital
da Terra de Montes e da música tradicional galega. (M.C.)
|
21-Agosto-2005.
Clébrase hoxe a V Subida
automovilística a Cerdedo organizada pola escudería Ciudad de
Pontevedra. O recorrido é de uns 4,2 kilómetros pola carretera entre
Cerdedo e Presqueiras. (A Voz de Galicia)
|
19-Agosto-2005.
Cerdedo destiñará catro das casas
que perteneceron ós grupos escolares a almacéns municipais e a
vivendas de emerxencia para ocupación temporal de xente sen recursos.
Estas casas, igual que noutros municipios, foron contruídas as veiras
dos centros escolares nos anos setenta para vivendas dos maestros pero
poucas veces foron ocupadas e case sempre permaneceron semi-abandoadas
hasta que, recentemente, os concellos están comenzando a darlles un
destiño para uso municipal. (A Voz de Galicia)
|
19-Agosto-2005.
O Concello de Forcarei vai
facer unha campaña que convenza ós veciños para que domicilien os
seus impostos municipais. Por outra banda, soubose que dentro da
cooperativas leiteira de Forcarei só hai un veciño que será multado
pola Unión Europea por exceso de producción de leite (A Supertasa).
En concellos veciños como Rodeiro hai máis de cen. (A Voz de
Gaalicia)
|
14-Agosto-2005.
Comenzan as festas de Beariz,
na honra da virxe. Non tivemos maneira de nos chegara o programa
porque os medios de comunicación esquecense a miudo desta vila, pero
non cabe dubida que serán, coma sempre, unhas das mellores da
bisbarra. (M.C.)
|
19-Agosto-2005.
Hoxe cumplense seis anos que
esta web foi "colgada na rede". Nin o autor pensaba que
duraría tanto tempo viva pero, só na versión en galego, levan
pasado por aquí máis de 25.500 visitantes. As novas (6.100), as
fotografías (7.600), o Diccionario dos arxinas (3.750) e persoeiros
como Virxilio e O gaiteiro de Soutelo son as páxinas máis visitadas.
Graciñas a todos pola visita e polas moitas suxerencias recividas.
(M.C.)
|
11-Agosto-2005.
O Centro
Etnográfico da Terra de Montes cumple cinco anos, e segue
sobrevivindo sin axudas oficiais, nin do concello de Forcarei nin da
Xunta de Galicia. O Concello acaba de editar unha guía turística na
que non está nin siquera mencionado como tampouco está na Memoria
fotográfica do concello. Non foi decrarado "Colección visitable"
pola dirección de Patrimonio da Xunta malia opinión a favor do Museo
do Pobo Galego, e só algunhas axudas de Caixa Nova e a permanente da
asociación cultural Verbo Xido mantén a ilusión dos promotores. A
familia Gonzalez, sobradamente coñecida na terra, levou a termo un
achegamento á cultura pasada e aínda presente en moitas aldeas da
comarca e foron os aldeáns os que axudaron con doacións a que esta
obra sexa posible. A falta de axuda afecta, polo tanto, non só ós
promotores, senón a todos aqueles que puxeron un gran de aréa no
proxecto. (A Voz de Galicia)
|
12-Agosto-2005.
Mutenrohi, o grupo folke que veu
medrar á coñecida gaiteira Cristina Pato, actuará esta noite na
praza da igrexa de Forcarei, nunha actuación con entrada gratuíta. Mañán
celebrarase unha ruada tradicional, con actuación de pandeireteiras e
de varios dos compoñentes do grupo local Os Diplomáticos do
acordeón. (A Voz de Galicia)
|
6-Agosto-2005.
O grupo folke Berrogüeto pechará a
XXVI Festa do Gaiteiro o día 20 deste mes en Sotelo de Montes. Nesta
festa otorgaranse premios a Carlos Nuñez, Milladoiro, Emilio Corral e
Manuel García. A presentadora da TVG, Nieves Rodriguez fará de
animadora e o pregoeiro será nada menos que o presidente do Partido
Popular, Mariano Rajoy, que ten os seus orixes na aldea de San Xusto,
en Trasdomonte. (A Voz de
Galicia)
|
6-Agosto-2005.
O vindeiro día 15 terá lugar no
Parque de Venezuela unha churrascada popular que dará comenzo as
festas de Soutelo na honra de San Roque e a Virxe do Carme. Haberá
toro mecánico, festa da espuma, xogos hinchables e varias actuacións
musicais. O menú, con churrasco, pan e viño costará uns cinco
euros e asaranse perto de cen quilos de carne. Tamén esta previsto un
desfile de moda no polideportivo para o día 14. (A Voz de Galicia)
|
4-Agosto-2005.
O Concello de Forcarei rendirá
homenaxe a Adelino Pichel, "O Gaiteiro de Sorribas", un
artista da gaita que quedou eclipsado pola fama internacional de Avelino
Cachafeiro (O Gaiteiro de Soutelo). Curiosamente, como fixera
Avelino co "Changüi", Adelino Pichel tamén foi o fundador
da Sala Paraiso de Forcarei, que permaneceu aberta hasta un tempo ben
recente. (A Voz de Galicia)
|
6-Agosto-2005.
A Asociación
de Amigos da Terra de Montes, que preside Jesús Antonio Gulías,
imporá a súa insignia de ouro a J.L. Jorge Caramés, ex-alcalde de
Cerdedo e a Manuel Diz Ramos, escritor emigrante no Brasil e natural
de Xirazga (Beariz). A xuntanza
celebrarase hoxe nos locales do concello de Beariz. (A Voz de
Galicia)
|