|
31-Agosto-2004.
A localidade forcareicense de Graña de
Umia (Quintillán)
celebrará o vindeiro domingo a terceira edición da "Festa do
Caracol" repartindo 200 kilos de caracol. Será na carballeira
de Ponte da Devesa, ó lado do río e de forma gratuita. Tamén
haberá polvo e churrasco. (A Voz de Galicia)
|
31-Agosto-2004.
Forcarei rematou as súas festas dos Doores
con unha churrascada na Praza da Igrexa. Tamén se presentou a
revista "Cotaredo", que no seu número sete conta con
colaboracións de Xosé luís Barreiro, Carme Hermida, Manuel
Reboredo, Buenaventura Aparicio, José Manuel Otero e Rochi,
fundador e coordinador. (A Voz de Galicia)
|
|
27-Agosto-2004.
Outro acidente na base dos avións
apagalumes de Doade (Beariz), afortunadamente sin danos persoais,
fai que os traballadores pidan unha revisión das condicións de
traballo da empresa sevillana contratada para este servicio. Hai un
mes que outro avión desta misma empresa caeu cando apagaba no lume
en Magros, resultando morto a o piloto. (A Voz de Galicia)
|
28-Agosto-2004.
Catro serán este ano os días de festa que
dedicará Forcarei á súa
patrona, a Virxe dos Dolores. De venres luns, día en que se
rematará con unha churrascada popular. Cada día haberá
actuacións de bandas pola mañán e verbena con orquestas pola
noite. O presuposto da comisión de festas é de 21.000 euros.
(A Voz de Galicia)
|
|
27-Agosto-2004.
A "Festa do porquiño",
organizada por un grupo de amigos (homes) de Forcarei desde 1975,
celebrouse na carballeira perto dos colexios. O lugar de
celebración, o menú, etc. son un dos segredos mellor gardados cada
ano hasta as mesmas visperas. Este ano xuntáronse uns 70 homes e o
ano que ven tocalle a organización a Xesús Arca e a Xosé Luis
Barreiro, que serán nomeados "porquiños maiores. Esta festa
da comenzo as dos dolores, que terán lugar este fin de
semán. (A Voz de Galicia)
|
27-Agosto-2004.
Un emigrante nos Estados Unidos, natural de
Vilapouca donoulle ó Concello de Forcarei unha casa neste lugar
para que sexa dedicada a local social para o pobo. Dase a
coincidencia que esta casa xa estaba prestada ó Centro Etnográfico
da Terra de Montes (Cetmo) como
almacén pero coa intención de que fora a nova sede si a Fundación
Barrie de la Maza lles concedía as axudas pertinentes para
catalogar o centro como "Colección visitable". A pouco
máis de dúas semáns para a finalización do prazo de solicitude,
os propietarios do Centro Etnográfico ven así dificil poder optar
ás axudas. Hai que ter en conta que se trata dunha institución
privada, sin axudas públicas de ningún tipo e que nin siquera
cobra entrada por visitalo. (A Voz de Galicia)
Ver
artigo da Voz de Galicia
|
|
25-Agosto-2004.
O cruceiro de Tresaldeas (Quireza)
foi envestido por un autobús e está derrubado no chan e desfeito
na súa maior parte. O seguro do vehiculo pagará a súa
restauración ou reposición, dadas as escasas posibilidades de que
o cruceiro sexa decrarado culpable do acidente. (A Voz
de Galicia)
|
26-Agosto-2004.
Cerdedo non terá segundo médico posto que
a consellería de sanidade considera que non hai usuarios
suficientes para que o medico que se xubila sexa sustituído.
Mentras tanto, as esperas aumentaron considerablemente no centro de
saúde. (A Voz de Galicia)
|
|
22-Agosto-2004.
A 4ª subida automovilística a Cerdedo,
valedeira para o campionato galego de montaña celébrase hoxe nesta
vila, con 61 pilotos, entre eles Manuel Filloi, de Forcarei dentro
dun circuito de 4.200 metros cun desnivel dun 7%. (A Voz de
Galicia)
|
23-Agosto-2004.
Xosé Antonio Gomez, de Orense repiteu
victoria na Subida a Cerdedo ós mandos do seu Formula Huypersa.
Cristobal Serantes e Benito Varela completaron o caixón do trunfo.
O Forcareicense Manuel Filloi (Peugeot 206 XS) quedou na 11ª
posición e ganou o premio do grupo A. A organización da Escudería
Cidade de Pontevedra estaba encantada pola asistencia de público, o
seu comportamento excelente e pola ausencia de incidentes nin
acidentes. (Diario de Pontevedra)
|
|
21-Agosto-2004.
Presentación de Nieves Rodriguez, Pregón
a cargo dos Tonechos, grupos folclóricos (Dúas Pontes e Celme),
800 gaiteiros participantes no concurso, Xosé Manuel Budiño, tres
horas de televisión e radio en vivo, case 10.000 euros en premios e
as verbas do presidente da Xunta, Manuel Fraga, e do alcalde de
Forcarei, serán algún dos atractivos da Festa do Gaiteiro de
Soutelo, unha homenaxe ó "mellor gaiteiro de Galicia",
Avelino Cachafeiro Bugallo. (A Voz de Galicia)
|
21-Agosto-2004.
Os artesáns da gaita Antón Corral, Xosé
Manuel e Xesús Seivane recivirán hoxe xunto con Manuel Fraga e o
presidente da TVG a medalla de ouro do Gaiteiro de Soutelo. (A Voz
de Galicia)
|
|
16-Agosto-2004.
Dous rapaces de 17 e 18 (Diego López e
Fran Gil) anos forman a comisión de festas do San Roque en Soutelo.
Contan con un presuposto de 11.000 euros. Colaboran os bares da vila
(ten huchas para recoller doacións en cada un deles e aportan unha
cantidade), o Concello de Forcarei (aporta 1.800 euros, a banda de
música e as luces), a Asociación de veciños Santa Barbara
(Organiza a Churrascada) e outras empresas do concello. Os
comisionados foron casa por casa recollendo a aportación dos
veciños. (A Voz de Galicia)
|
18-Agosto-2004.
O temporal que sufreu Galicia estes días
levouse por diante boa parte das festas de Soutelo, de tal maneira
que a da Virxe do Carme, prevista para o martes día 17 múdase ó
Xoves 19 coa prevención de contar cunha carpa por se chove. O máis
grande apoio ós organizadores, que ven como o seu traballo non é
de todo rematado, e os que colaboraron mantendo unhas festas que
topan con moitas dificultades para a súa organización e, este ano,
nin foron especialmente maltratadas pola choiva. (M.C.T.)
|
|
14-Agosto-2004.
O club de fútbol Atlético Forcarei, que
desapareceu hai uns anos despois de haber tido tempadas de gloria
(nel comenzou Manolo Canabal, posterior xogador do real Madrid, Raio
Vallecano e Málaga e hoxe no Pontevedra) renace este ano e comenza
cunha homenaxe a tres dos seus xogadores xa finados. Enfrontarase ó
Pontevedra "B" e tamén se xogará un encontro entre os
veteranos do Club e os do Pontevedra. (A Voz de Galicia)
|
14-Agosto-2004.
O abastecemento de Augas a Soutelo e
Vilapouca sai a concurso por 137.000 euros e un prazo de execución
de seis meses. (A Voz de Galicia)
|
|
13-Agosto-2004.
Xosé Manuel Budiño será finalmente o
gaiteiro que actuará na "Festa do Gaiteiro" de Soutelo,
sustituindo a Susana Seivane que non pode facelo. O coñecido
gaiteiro presentará o seu terceiro traballo "Zume de
terra". Estrá acompañado de outros recoñecidos músicos. O
día 21 terá lugar o tradicional concurso de gaiteiros, con un
máximo de vinte participantes, e de bandas, con dezaseis
participantes, unha delas de Candás (Asturias). Dada a importancia
que vai adquirindo o concurso cada ano, o Concello veuse obrigado a
limitar o número de participantes e está pensando levar a cabo
unha eliminatoria antes da festa. O total de músicos participantes
anda polos 800 e espérase unha chegada de perto de 7.000 persoas á
vila. (A Voz de Galicia)
|
13-Agosto-2004.
A TVG, a través do programa "Galicia
Enteira" e a Radio Galega farán un especial desde Soutelo para
a festa do Gaiteiro, transmitindo a maior parte do concurso de
gaitas e de bandas. Tamén se informará da entrega da medalla do
gaiteiro ó presidente da Xunta, que pronunciará un discurso
acompañado do presidente da Diputación de Pontevedra, algúns
conselleiros e o alcalde de Forcarei. (A Voz de Galicia)
|
|
12-Agosto-2004.
As festas do San Roque e a Virxe do Carme
comenzarán este ano en Soutelo de Montes o domingo día 15 con unha
churrascada popular e unha "festa da espuma" organizadas
pola asociación Santa Barbara.O Luns e o Martes haberá verbena con
orquesta e pola tarde xogos para os nenos na praza do gaiteiro con
castelos hinchabel s (A Voz de Galicia)
|
12-Agosto-2004.
A Choiva impideu que se mostraran as obras
dos canteiros en Beariz. O acto quedou posposto para o vindeiro
venres, xunto coa presentación da revista cultural municipal do
Concello de Beariz "O Quince". (A Voz de Galicia)
|
|
10-Agosto-2004.
Susana Seivane, unha das gaiteiras máis
recoñecidas na actualidade e o dúo "Os Tonechos"
actuarán na "Festa do Gaiteiro" que se celebrará en Soutelo
de Montes os vindeiros días 20 e 21 de Agosto. O Presidente da
Xunta de Galicia, D. Manuel Fraga, será homenaxeado polo seu apoio
ó mundo dos gaiteiros e recibirá unha medalla, como tamén a
familia da gaiteira, adicada tradicionalmente a fabricación
artesán de gaitas. (A
Voz de Galicia)
|
10-Agosto-2004.
Os gandeiros do Concello de Forcarei están
tratando de por un marcha unha "Agrupación de Defensa
Sanitaria (ADS)" para o gando bovino. Esto permitiría que
algúns traballos de saneamento do gando foran realizados dunha
maneira conxunta e se estudaran as incidencias dalgunhas
enfermidades no gando. O Concello conta con perto de 300 granxas de
vacas, algunhas con pouco máis de tres animais. (A Voz de
Galicia)
|
|
5-Agosto-2004.
Nunha entrevista na Voz de Galicia, o
escritos de Agolada Xosé Vazquez Pintor presenta a súa obra
"Tal era vivir" que rememora os traballos de Canteiro e
Cereiro na Terra de Montes. O escritor (ou o xornalista) coloca Pardesoa,
parroquia natal de Anxo Sieiro Rubín (empresario de cantería nos
Estados Unidos e coñecido por ter contruído o sepulcro dos
Kennedy) no Concello de Cerdedo en
Lugar de Forcarei como debe ser. O
libro seá o eixo central da primera xornada cultural "Terra de
Todos" organizada pola asociación "Verbo Xido" en
Soutelo de Montes. (M.C.T.)
|
5-Agosto-2004.
A Asociación "Amigos
da Terra de Montes" convoca en Beariz
hasta o vindeiro día dez ós artesáns da pedra de calquer lugar de
Galicia para a creación de obras que despois pasarán a ser
expostas en algún dos lugares da comarca. O presuposto corre a
cargo do Concello de Beariz e non está fixado ningún estilo nin
motivo. Hai, nembargantes, intención de levantar un monolito ó
piloto do avión apagalumes recentemente finado nun acidente nos
montes de Marcofán mentras trataba de apagar un incendio. Para esto
xa ten doado a canteira de A Saleta unha peza de pedra axeitada e o
concello ten sitio nunha praza da vila para que a peza sexa
colocada. (A Voz de Galicia)
|
|
3-Agosto-2004.
Un incendio forestal no monte de Soutelo,
entre esta vila e os lugares da Portela de Lamas (Pardesoa) e
Trasdomonte queimou unhas 80 hectares de monte baixo e piñeiros e
estivo a piques de acabar coa vida dun axente que acabou inconscente
polo fume e foi visto polos veciños gracias as luces do seu
camión. O xoven de 34 anos foi trasladado ó hospital con sintomas
de asfixia. (A Voz de
Galicia)
|
3-Agosto-2004.
Comenzan os traballos no campamento de
Pontemaril (Forcarei) con trinta rapaces de toda España. Terán que
arranxar o carreiro polo Lerez hasta Aciveiro, traballar no vello
muiño do Cotelo e preparar os terreos do Foxo Vello parea
convertilos nunha nova área recreativa. Pero non todo será
traballar. Tamén hai natación, tiro, escalada, saídas polos
lugares do concello, etc. (A Voz de Galicia)
|