26-Agosto-2003.
A banda asturiana de Candás foi a gañadora
do XXIV concurso de bandas de gaitas "Avelino Cachafeiro", en
Soutelo. Na segunda categoría a gañadora foi a de San Xulián de
Marín e na terceira, Os fiadeiros, de Ourense. Descoñecemos o nome
do ganador no apartado individual. (O Correo Galego)
|
29-Agosto-2003.
O BNG acusa á Mancomunidade do Carballiño,
que preside o alcalde de Bearíz Manuel Prado, de irregularidades
legais, por non ter unha representación nacionalista, coa
importancia en votos que ten este partido. (A Voz de Galicia)
|
25-Agosto-2003.
As parroquias de
Meavía e Quintillán, en Forcarei,
contarán caria o fin deste ano con teléfonos de fío, sustituíndo os
TRAC. Poderán, polo tanto, conectarse a internet e a calidade será
semellante a calquer outro. En Trasdomonte, onde tamén exiten este
tipo de telefónos xa é dificil levar a cabo unha conversación sin
interrupcions. (Faro de Vigo)
|
26-Agosto-2003.
Segundo Instituto Galego de Estadística, a
comarca de Tabeirós-Terra de Montes ten a segunda media de edade
máis alta da provincia con 45,9 anos. Cerdedo chega ós 52. Hai que
ter en conta que a media de edade das provincias galegas xa é unha
das máis altas de España. (A Voz de Galicia)
|
23-Agosto-2003.
Hoxe celébrase en Soutelo a Festa do
Gaiteiro, co concurso de solistas, para o que están inscritos 27
participantes, e o de bandas no que están inscritas nove agrupacións.
Ás dez da mañán comenzarán as bandas, mentras que pola tarde serán
os solistas os que teñan que interpretar un tema libre e acabar
todos tocando a "Muiñeira de Chantada", peza orixinal de
Avelino Cachafeiro, O Gaiteiro de Soutelo.
Pola noite actuará Cristina Pato e outras agrupacións folclóricas
como Os Diplomáticos do Acordeón, Xambrear e Kerkenai. (AVoz
de Galicia)
|
23-Agosto-2003.
A directiva do "Plan Leader Plus Montes"
aprobou o regulamento para a evaluación dos proxectos presentados,
valorando a súa importancia económica, social e cultural. Premiarase
principalmente a creación de postos de traballo e a aportación ó
desenrolo da bisbarra. Tamén se aprobou a inclusión de varias
asociacións, entre elas a de "Verbo Xido" dentro da "Asociación de
Desenvolvemento Rural Montes". (A Voz de Galicia).
|
21-Agosto-2003.
Este fin de semán correrase a III subida
automóvilistica a Cerdedo, entre esta vila e o monte do Seixo, con
un percorrido de catro quilómetros e medio e puntuable para o
campionato galego de montaña. Espérase que se acerquen á Cerdedo
entre doce e quince mil persoas, máis cando coincide coa "Festa do
Gaiteiro" en Soutelo. (A Voz de Galicia)
|
20-Agosto-2003.
Un veciño de Soutelo foi detido por
esixirlle a outro de Beariz con ameazas, noventa mil euros que
debian ser entregados nun coñecido restaurante de Soutelo. O
segundo, que afirma non coñecer ó detido, e alertou á Garda Civil.
|
18-Agosto-2003.
Outro accidente na entrada de Cerdedo fai
cada vez máis necesario o desvío de estrada 541 por fora da vila.
Esta vez foi un camión que se desviou a entrada ó verse sin frenos,
pero non pudo evitar bater contra unha casa. Morreron dúas persoas,
o conductor e máis o seu fillo de doce anos, resultando ferida unha
terceira persoa.
|
21-Agosto-2003.
O alcalde de O Carballiño estudia abandoar
a mancomunidade de municipios denunciando que esta non funciona e
esixir o cambio dos estatutos. O presidente desta mancomunidade é o
alcalde de Beariz, Manuel Prado, que afirma que se está traballando,
pero que se depende de que os concellos paguen ou non, e clara
referencia precisamente ó do Carballiño, que foi dos que máis se
atrasou. O problema é precisamente a división comarcal, que xunta
concellos que ten pouco que ver entre sí, e necesidades moi
distintas. Así, O Carballiño acapara os servicios, igual que pasa
con A Estrada e Forcarei ou Cerdedo.
|
5-Agosto-2003.
O vindeiro día 23 celebrarase en Soutelo a
XX edición da "Festa do Gaiteiro", como homenaxe a Avelino
Cachafeiro. Contará co Concelleiro de Xustiza Xesús Palmou como
pregoeiro e coa gaiteira máis recoñecida nestes intres en Galicia,
Cristina Pato, como invitada de honra. Celebrarase como sempre o
concurso de gaitas e de bandas. Espérase a chegada de uns mil
músicos e máis de cinco mil persoas á vila. (A voz de Galicia)
|
8-Agosto-2003.
O grupo musical "Fía na Roca" actuará hoxe
en Forcarei presentando o seu segundo disco "Agardando que pase
algo". (A Voz de Galicia)
|
2-Agosto-2003.
Onte e hoxe celébranse en Forcarei os actos
da reunión anual da asociación "Amigos
da Terra de Montes". Está previsto un homenaxe a Manuel
Barreiro, fotógrafo, carteiro, reloxeiro, etc. de Forcarei. Tamén
outro homenaxe a Xesús Jorge Campos, de Cerdedo, e a inauguración
dun monumento á muller labrega en Forcarei. Nún dos actos presentase
a nova páxina web da asociación, a que pode acceder desde aquí mesmo
ou desde o apartado "Ligazóns" destas páxinas. (A Voz de Galicia)
|
3-Agosto-2003.
Si Jorge Lamas falaba das "Mámoas na Terra
de Montes" e Xesús Antonio Gulías facíao de "Canteiros-Artistas"
dentro dos actos da "Asociación de Amigos da Terra de Montes",
a asociación "Verbo Xido" falará os vindeiros 7, 8 e 9 en Cerdedo de
"Cerdedo e a pedra" coa intención de loubar ós canteiros da Terra..
(A voz de Galicia)
|
2-Agosto-2003.
Dous incendios arrasaron outros tantos
pallares en Millerada e Parada. Mentras tanto, outro provocaba
importantes danos en Dúas Igrexas, todos eles no Concello de
Forcerei. En ningún dele houbo victimas humáns, pero no de Picáns
(Parada) morreron dúas vacas. (Faro de Vigo)
|
2-Agosto-2003.
Cerdedo centrará o seu primeiro obradoiro
de emprego na restauración do casco vello, dando traballo a 45
persoas, Canteiros, albaneles e forestais. Pretendese recuperar o
vello pavimento de pedra das rúas da vila, hoxe asfaltadas, así como
fontes, lavadeiros, etc. Tamén se acondicionarán sendeiros ós muíños
e outros lugares de interes do concello. (A Voz de Galicia)
|