30-Agosto-2002.
A "Rapa
infantil" que desde hai dous anos se celebra polo outono en
Sabucedo está este ano en perigo. Os veciños están descontentos con
algunhas obras que o concello de A Estrada tiña que ter acometido e din
que neste tempo o traballo e moito e os veciños que siguen na parroquia
poucos. (Faro de Vigo)
|
30-Agosto-2002.
Na Graña de Umia
(Forcarei) vaise celebrar este ano a "Festa do Caracol" como
honra ós emigrantes en Cataluña e no País Vasco. Sera o vindeiro
domingo e pensase que se comerán perto de 50 kilos deste pequeno
animal, todos eles procedentes dunha granxa da zona e cociñados por
restauradores do concello. (Faro de Vigo)
|
27-Agosto-2002.
O Conselleiro de
Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia,
Xosé Cuíña, anunciou que a estrada PO-200 entre Laro e Cachafeiro
estará rematada para o mes de novembro, e neste mismo ano comenzarase o
estudo para o acondicionamento do tramo entre Cachafeiro e Vilapouca e
do enlace da de Silleda con Forcarei. Esto significaría a existencia
dunha comunicación bastante correcta, con carriles para vehiculos
lentos e outras melloras, entre a Terra de Montes e santiago, así como
con Deza e Silleda, e engadiría unha nova posibilidade de enlace entre
estas comarcas coa autovía A-52, que se pode coller perto do
Carballiño. (Faro de Vigo)
|
28-Agosto-2002.
Manuel Prado,
alcalde de Beariz, asegura que o conflicto que xurdiu a partir das obras
da traida de augas desde unha fonte de Magros caria Beariz está
solucionado. Os veciños denunciaron as obras en terreos privados sin
que lles fora pedido permiso, pero o alcalde reuneuse con eles nunha
xunta e explicoulles as circunstancias polas que se facian as devanditas
obras e os veciños levantaron a denuncia interposta. (A Voz de
Galicia)
|
18-Agosto-2002.
Constantino
Gonzalez, presidente da asociación "Verbo Xido" asegura que esta
asegurará a continuidade do "Cetmo", do que tamén é propietario, nos
vindeiros anos. Queixouse o mesmo tempo da pouca axuda das institucións
e agradeceu a publicidade do centro que fan no Centro Comarcal da
Tabeirós-Terra de Montes, a propia asociación "verbo Xido" ou páxinas
como esta. (Faro de Vigo)
|
19-Agosto-2002.
Esta Web cumple
tres anos. Os visitantes seguen acheandose a ela a un ritmo moi parecido
o do pasado ano (aproximadamente 12,5 visitas á páxina de inicio cada
día), aínda que se pode comprobar que cada vez vén xente a buscar
algo máis especifico (Novas, Visita Virtual, biografías, etc.),
dirixindose dereitamente a estas sin pasar pola portada. Son, polo tanto
persoas que xa se achegaron antes e coñecen o contido. (M. C.)
|
16-Agosto-2002.
Isi, O rei
da Comedia e máis Sonia López, ambolos dous da TVG pregonarán a
"Festa do Gaiteiro" de Soutelo. Luar na Lubre, Os
Diplomáticos do Acordeon e Bianca protagonizarán a noite, e os
concursos de solistas e bandas serán os encargados de que a tarde
sexa doada para todos. Grupos Folk de diferentes sitios de Galicia e
de fora tamén actuarán en Soutelo ó longo do día hasta chegar a
máis de mil músicos congregados na vila. (A Voz de Galicia)
|
18-Agosto-2002.
Daniel Bellón,
de Barallobre, foi o gañador do concurso de Gaiteiros solistas
"Avelino Cachafeiro" celebrado onte en Soutelo. A Banda de
Gaitas de Hospitalet ganou as súas seccións do concurso de bandas. Todolos
participantes tocaron a Muiñeira de Chantada, como homenaxe ó
gaiteiro por excelencia, e por primeira vez entregáronse as medallas que
levan o seu nome. (A Voz de Galicia)
|
12-Agosto-2002.
O Concello de
Forcarei pensa crear un "Punto de atención á infancia" nas
dúas casas dos maestros que quedan libres. Trátase dun punto menos
que sería a creación dunha gardería municipal, pero axudaría ás
nais traballadoras a incorporarse ó traballo. (A Voz de
Galicia)
|
12-Agosto-2002.
O Colectivo
"Verbo Xido" celebra o seu primeiro ano con unha cena de
confraternidade no restaurante "Montes". Entregaranse os
carnés ós oitenta socios, farase balance deste ano e presentarase o
novo boletín da asociación, que terá un caracter trimestral. (A
Voz de Galicia)
|
|
|
12-Agosto-2002.
Unha familia de
Ponferrada mercou por 300.000 euros "O Chalé" modernista
propiedade hasta estes intres da familia Gonzalez Barros,
herdeiros do constructor D. Alfredo Gonzalez Barros. Sempre se pesou que
sería o concello o comprador, máis cando a familia tiña interese nelo
para que fora dedicado a uso público, pero o fin non chegaron a un
acordo. A casa consta de 600 m2 e catro plantas, con azulejos
portugueses feitos a man no exterior e unha leira de 2.500 metros
cadrados. (A Voz de Galicia)
|
03-Agosto-2002.
A Asociación
"Amigos da Terra de Montes" reunirase en Cerdedo para
celebrar a súa xunta anual, onde se homenaxeará ó catedrático
Manuel Iglesias, natural de Presqueiras. O colectivo estudia ubicar
en Forcarei un monumento á muller labrega, así como outras
iniciativas para o vindeiro ano. (A Voz de Galicia)
|
12-Agosto-2002.
A edade media dos
habitantes do Concello é de 51 anos e no de Forcarei son 49. Só un
concello en toda a provincia mostra un maior envellecemento da súa
poboación, con un 34% e un 31% desta en situación de xubilación. A
edade media provincial non pasa dos corenta anos. Os datos
anteriores remátanse con unha perda de 1.488 habitantes en Cerdedo (Un
39,2% dos 3.788 censados no 1.991. (A Voz de Galicia)
|
03-Agosto-2002.
O mosteiro de
Aciveiro acolle unha mostra fotográfica de Xoque Carvajal, así
como pinturas e esculturas de Xesús Muras. (A Voz de Galicia)
|
03-Agosto-2002.
A revista cultural do concello de
Forcarei, "Cotaredo", aparece no seu número cinco con artigos
sobre a nosa terra, entre os que se poden salientar o da filóloga
Carme Hermida, veciña da Portela de Lamas, sobre a relación de Frei
Martín Sarmiento coa Terra de Montes, Dous relatos de X.M. Barreiro, un
estudo sobre o estado dos castros da Terra de Montes, de Manuel
Reboreda, e outro sobre os cruceiros de Forcarei, obra de Francisco
Rozados "Rochi". (A Voz de Galicia)
|