26-Abril-2008.
1.600
Kg de Xavarín guisado (unhas 4.800 racións) repartiranse mañán en
Cerdedo na terceira festa do Xavarín. Aparte da carne poderase
degustar vinchas, postres, queixos,
mel, augardiente, galiña ao sal e filloas. O menú costará dez
euros e tamén haberá obradoiros, actuacións musicáis, etc. O
pregón correrá a cargo de Xabier Fortes, director dos informativos
da TVE en Galicia. (A Voz de Galicia)
|
|
23-Abril-2008.
Forcarei
xa ten novo escudo e bandeira. Para cumplir coas normas da heráldica,
adaptouse o escudo, mantendo os simbolismos ós montes e os ríos do
concello e engadindo outras simboloxías referidas ós oficios de
borreiro ou ás fiandeiras. Tamén se deseña a bandeira, verde no
medio con vieras azuis para simbolizar os montes e os ríos. (A Voz de
Galicia)
|
|
20-Abril-2008.
A
Asociación ce Comerciantes e empresarios de Forcarei pide axuda á
administración para evitar a desapación das "tabernas". No
concello quedan unhas dez, cando chegou a haber hasta tres por aldea.
Estes establecementos mestura de bar e ultramainos tiveron unha
importancia moi grande no pasado pero están a desaparecer polos
impostos, a despoboación do rural, a venta ambulante e a facilidade
de desplazamento dos aldeáns ás poboacións con supermercados e
bares. (A Voz de Galicia)
|
23-Abril-2008.
130.000
euros solicita o Concello de Forcarei da Consellería de benestar
social da Xunta para o seu programa de axuda no fogar. Son 57 persoas
dependentes censadas e, aparte da axuda que se lles presta no seu
domicilio, preténdese facilitarlles utensilios que lles melloren o
seu xeito de vida. Un exemplo son as camas articuladas para
impedidos. (A Voz de Galicia)
|
18-Abril-2008.
O
alcalde de Forcarei, David Raposeiras, anda facendo as xestións
precisas para que o núcleo de Soutelo teña banda ancha de acceso a
internet. Nestes intres está suscrito ó programa "Internet
Rural", máis caro e máis lento que o acceso normal por ADSL.
Aínda que a central xa o permite, hai que desvincularse antes deste
programa que subvenciona o goberno central. (A Voz de Galicia)
|
19-Abril-2008.
Os
restaurantes de Cerdeo están xa preparando a Festa do Xavarín, que
se celebrará o vindeiro día 27. Hai aperitivos con carne deste
animal e vanse engadindo novas ideas para o día da festa. (A
Voz de Galicia)
|
12-Abril-2008.
1,2
euros por metro cadrado e a valoración que fan os técnicos do
Concello de Forcarei para os terreos necesarios para ampliación do
polígono industrial de Vilapouca. Os montes pertenecen á Comunidade
de Montes en man común de Vilapouca e trátase de monte raso. O prezo
pode ser negociado. (A Voz de Galicia)
|
12-Abril-2008.
Cerdedo
contará a mediados do mes de mayo con un moderno tanatorio que dará
servizo a todolos lugares do concello e limítrofes. A inversión
será superior ó millón de euros. (A Voz de Galicia)
|
3-Abril-2008.
O
vindeiro día 13 de xuño presentarase na Casa de Galicia de Madrid a
Rapa das Bestas. Os dirixentes da asociación e outros invitados
achegaranse á capital e informarán alí desta festa xa recoñecida
como de interese internacional. (A Voz
de Galicia)
|
9-Abril-2008.
O
Concello de Forcarei mantén un litixio con varios propietarios que
adeudan o importe IBI de varios anos. O sindicato Unións agrarias ven
liderando as protestas contra deste pago e o alcalde, David Raposeiras,
confirma a legalidade da reclamación e afirma que si se condoara a
déveda, sería un agravio comparativo para outros propietarios que xa
fixeron efectivo este pago.
O asunto vai derivando cada vez máis nunha aposta política en lugar
de valer polos intereses dos agricultores, ben dos que xa pagaron ou
dos que non o queren facer. (A Voz de Galicia)
|