21-Abril-2007.
Proxectan en Cerdedo o que será o
primeiro parque natural de ocio de Galicia. A empresa Cerdedo-Natura,
un grupo de xente que estivo asociada a este sector de emprego ten
previsto ofretar os seus servizos a concellos, campamentos,
casas rurais, colexios, etc. As instalacións estarían rematadas nun
período entre tres e cinco anos e comenzarían por un lugar de
prácticas de paint-ball. Aínda ten que buscar un lugar para
establecerse chegar a acordos do chan. (A Voz de Galicia)
|
21-Abril-2007.
O Campamento de Pontemaril será un
dos campamentos galegos que conten con turnos especificos para persoas
con discapacidade. (A Voz de Galicia)
|
13-Abril-2007.
Será o tribunal de Xustiza de
Galicia o que dirimirá o conflicto polo linde entre os concellos de
Cerdedo e Forcarei, perto de Carballás e Presqueiras. A resolución
seguramente tardará varios anos. (A Voz de Galicia)
|
13-Abril-2007.
A residencia da terceira edade de
Forcarei contará con 50 prazas para persoas que necesiten asistencia
e outras 45 para válidos. A residencia abrirá no ano 2008 e será
xestionada pola Fundación San Rosendo. (A Voz de Galicia)
|
11-Abril-2007.
O Concello de Forcarei quere un
obradoiro para formación de agricultores ecolóxicos. Contaría con
40 prazas para persoas de 25 a 40 anos. A iniciativa provén da
organización "Galicia Verde". (A Voz de Galicia)
|
11-Abril-2007.
José Balseiros, alcalde de Cerdedo
que remodelar a actual travesía da N-541 pola vila cando a variante
que ten previsto levar a cabo o ministerio de fomento sexa finalizada.
A travesía quedaría como unha avenida, con bancos, aparcamento e
arbores a cada lado da vía. Tamén se informa que xa comenzarán as
obras da nova depuradora e renovamento da rede de saneamento. (A
Voz de Galicia)
|
10-Abril-2007.
O Concello de Forcarei aprobará o
plan de sectorización do novo polígono de Vilapouca recentemente
autorizado pola Xunta. Esto permitirá iniciar as obras de
urbanización. Tamén se solicitará á Xunta un novo obradoiro de
emprego como os que se disfrutaron os pasados anos. (A Voz de
Galicia)
|
11-Abril-2007.
Hasta 19 cabalos foron apresados na
parroquia de Castrelo (Forcarei) por danos nos cultivos. Dez deles
foron recuperados pola Asociación Rapa das Bestas tras pagar o
importe destes danos. Outros seis son dun gandeiro de A Estrada, e os
tres restantes serán subastados se non son reclamadas por algún
gandeiro. (A Voz de Galicia)
|
06-Abril-2007.
O Concello de Cerdedo ofrece ós que
o necesiten a utilización de camas ortopédicas, articuladas, e
outros obxectos deste tipo. Foron adquiridos coa axuda da Xunta de
Galicia. (A Voz de Galicia)
|
10-Abril-2007.
O vindeiro sábado será a
presentación da nova páxina web municipal do concello de Cerdedo. Sustituirá
a que actualmente está un pouco atrasada e será convenientemente
dirixida desde aquí. (A Voz de Galicia)
|
03-Abril-2007.
A corporación municipal de Cerdedo
acaba de aprobar o convenio coa Xunta de Galicia para abrir a
residencia e o centro de día proxectado para a localidade. A Xunta
correrá cos gastos de persoal mentras o concello debe aportar os de
auga, luz, etc. A residencia terá unhas 20 prazas e empezará a
funcionar dentro duns poucos meses.
(A Voz de Galicia)
|
04-Abril-2007.
Comenzan
en Soutelo a última fase das obras do auditorio e do museo da música
tradicional con un investimento duns 300.000 euros. A capacidade do
auditorio sará dunhas duascentas persoas. (A Voz de Galicia)
(A Voz de Galicia)
|