27-Abril-2006.
A Diputación de Pontevedra aprobou
a solicitude da medalla de ouro a título póstumo para o Gaiteiro de
Soutelo e os seus hirmáns pola súa aportación ó mundo da gaita e
á súa internacionalización. hai que recordar que a banda paseou con
enorme éxito as súas interpretacións por America e Europa. (A
Voz de Galicia)
|
|
23-Abril-2006.
Catro cociñeiros especializados
abriron cos seus pratos a primeira festa do xavarín en Cerdedo,
dentro dunha xornada gastronómica previa á festa. Asistiron máis
dun cento de visitantes. (A Voz de Galicia)
|
26-Abril-2006.
O vicepresidente da Xunta de
Galicia, Anxo Quintana, prometeu o seu apoio á residencia de maiores
que o alcalde de Forcarei quere levantar nesta vila, nun solar doado
con este proposito polo que foi alcalde Francisco Filgueiras Gulías.
(A Voz de Galicia)
|
10-Abril-2006.
Cinco euros costará o menú e só un a
ración na Primeira Festa do Xabarín, que terá lugar os vindeiros
días vintenove e trinta deste mes en Cerdedo. Os mellores
restauradores de Galicia daranse cita nesta vila para a prepación dos
pratos. (A Voz de Galicia)
|
13-Abril-2006.
Por fin, o Concello de Cerdedo
recibeu do Ministerio de Fomento os tramos non utilizados da N-541 que
pasan a ser vías urbanas. Entre eles están os de Pedre, Folgoso,
case dous kilómetros entre Cerdedo e Pedre, que comunican o lugar de
Vichocuntín, e outros. Coa concesión ven tamén 883.000 euros para a
súa adecuación. Tmén este concello está pendente das
modificacións necesarias ó PXOM, que se tratarán nos vindeiros
días. (A Voz de Galicia)
|
4-Abril-2006.
Unha chispa causou unha seria avaría
nos ordenadores do Concello de Cerdedo. Aínda que xa están en
funcionamento, descoñecese os danos que poideran ter algúns arquivos
afectados. (A Voz de Galicia)
|
5-Abril-2006.
Políticos, empresarios, intelectuais
e artistas viaxan este mes a Niteroi (Brasil) onde ten lugar un
encontro cultural. Neste, que ten como protagonista España, ten
participación os concellos do interior e, na súa representación
elexiron Forcarei pola importante emigración que tivo lugar cari o
Brasil. Contarase cunha exposición de pintura de Xosé María Barreiro e
proxectarase Sempre Xonxa e Mamasunción, de Chano Piñeiro. (A Voz de Galicia)
|