25-Abril-2005.
A Consellería de Medio Ambiente da Xunta de
Galicia vai acondicionar as rutas sendeiristas das Pontes do Lérez,
entre os concellos Cerdedo e Forcarei, e a que vai de Aciveiro ó alto
de Candán. (A Voz de Galicia)
|
29-Abril-2005.
O Concelo de Forcarei cederá uns terreos
perto da piscina e as casas sociais para a construcción dun novo
consultorio médico en Soutelo. O actual quedouse vello e será a
Consellería de Sanidade a que poña os cartos para o proxecto. Tamén
se vai modificar o plantexamento urbanístico ó arredor dos
polígonos de A Freixeira e de Vilapouca para permitir a súa
ampliación.
|
25-Abril-2005.
O albergue de Sabucedo ten cubertas un 80%
das prazas para o vindeiro verán. A primeiros de xullo e os días da Rapa
das Bestas hai moito tempo que está todo ocupado. Os visitantes
son, na sús maioría cataláns, vascos ou madrileños que viaxan en
familia e desprázanse desde aquí por toda Galicia. No inverno, con
ocupación escasa, a maioría dos clientes son grupos galegos que se
xuntan para algunha actividade que esixe recollemento. (A Voz de
Galicia)
|
25-Abril-2005.
Os concellos da comarca celebarán o día do
libro con distintos actos. En Forcarei hai unha exposición no
instituto Chano Piñeiro de libros antigos e especiales. En Cerdedo
hai actuacións culturais e inaugúrase o novo telecentro desde onde
os cerdedenses poderán conectarse a internet de xeito gratuito. (A
Voz de Galicia)
|
18-Abril-2005.
A Asociación de comerciantes de Forcarei
logrou, por fin, renovar os cargos da directiva, coa incorporación de
tres novos membros, un dos cales (J.M. Mariño) será o novo
presidente. Tamén a Sociedade de Caza e Pesca pasa polos mismos
apuros e verá hoxe a súa renovación. (A Voz de Galicia)
|
20-Abril-2005.
Os comuneiros de montes de Outeiro-Quintas (Folgoso)
reuníronse co alcalde para ver como tratar a posibilidade de cesión
dos terreos (200.000 metros cadrados) para o futuro polígono
industrial a levantar conxuntamente co concello de Forcarei. O Alcalde
quere que sexa unha expropiación amistosa con contraprestacións para
a zona. As posturas parecen favorables a esta cesión. (A
Voz de Galicia)
|
8-Abril-2005.
O Colectivo "Rapa das Bestas"
pretende que os 18.000 euros que ten de presuposto o Concello de A
Estrada para a festa deste ano sexan investidos en mercar materiais
para unha alambrada da estrada entre o lugar de Barro (Codeseda) e o
alto de A Portela. Serían catro quilómetros a levantar e dos
traballos encargaríanse os membros do colectivo co obxecto de abarcar
máis terreo cos mesmos cartos. (A Voz de Galicia)
|
12-Abril-2005.
O vindeiro xoves firmarase un acordo entre o
Concello de Forcarei e a Consellería de Cultura para a construcción
dun edificio multiusos en Soutelo. Estará situado frente ás casas
sociais e conta con unha axuda de Cultura de 240.000 euros, a repartir
entre tres anos. Como non é bastante deberase chegar a outros acordos
para completar perto dun millón de euros que pode costar a
obra. O alcalde de Cerdedo anda tamén acadando o apoio das
institucións para un proxecto semellanta. (A Voz de Galicia)
|