|
30-Abril-2004.
Un descoñecido, veciño de Soutelo ou
arredores foi premiado con 205.000 euros (perto de trintecinco
millóns de pesetas) no sorteo da bonoloto deste fin de semán.
(A Voz de Galicia)
|
|
|
28-Abril-2004.
A corporación de Forcarei acordou nomear
avogado e defender os seus lindes no conflicto dos veciños de
Trasdomonte cos da Parroquia de Zobra (Lalín) por unhas trescentas
hectareas de monte. Deste contencioso xa se informou dabondo nestas
mesmas páxinas. (A Voz de Galicia)
|
29-Abril-2004.
Máis de 300 expedientes para a regulación de
estabulos de gando tense recibido no Concello de Forcarei. Como é
sabido, estase a tramitar estas regulacións á Xunta para cumplir coa
actual lei. Así mesmo, entre o 3 e o 24 do vindeiro mes de maio
organizarase un curso de agricultura ecolóxica neste concello.
(A Voz de Galicia)
|
21-Abril-2004.
A Consellería de Política Territorial acaba
de sacar a concurso a redacción da mellora do vial Cachafeiro-Soutelo
por 77.000 euros. O valor total da obra pode chegar ós 2,5 millóns de
euros.
(A Voz de Galicia)
|
21-Abril-2004.
O Concello de Cerdedo acaba de recibir a
confirmación do obradoiro de emprego para a localidade. Son 36 prazas
de canteiros, albaneles e traballadores forestais, máis que todo-los
parados existentes nestes intres nas localidades do concello. O
orzamento e de 596.000 euros e o soldo mensual de cada traballador
estará por encima dos 750 euros. (A Voz de Galicia)
|
20-Abril-2004.
Naceu en Cerdedo a "Asociación de Mulleres
Rurais de Cerdedo" con perto de setenta mulleres do concello. Entre
o seu obxetivo está a organización de cursos, recuperación de
festas populares (a de San Antón será a primeira) e outras
actividades de orixen cultural. (A Voz de Galicia)
|
21-Abril-2004.
A Diputación Xeral de Pontevedra acaba de
editar o libro "Etnoarqueología de la Emigración. El fin del mundo
preindustrial en Terra de Montes" do historiador e arqueologo Alfredo
González Ruibal, xerente do Centro Etnográfico de
Soutelo. (A Voz de Galicia)
|
|
19-Abril-2004.
Estase a desenrolar o Plan Xeral de
Ordenación Municipal (PXOM) de Cerdedo, como xa se fixo antes en
Forcarei. Os tres grupos políticos representados no concello
chegaron a un acordo en canto ás liñas xerais referentes a
edificabilidade nas aldeas. (A Voz de Galicia)
|
19-Abril-2004.
Por primeira vez, o mapa do tren de alta
velocidade inclúe o seu paso por Cerdedo en lugar do que se baraxaba
pola veira do Miño. Esta modificación deixa dentro da misma liña as
cidades de Pontevedra, Vigo e Oporto en lugar de ter que cambiar en
Redondela como se viña facendo na actualidade e como estaba previsto
na outra solución. (A Voz de Galicia)
|