|
27-Abril-2003.
Ana Doval Fraíz de 26 anos e
veciña de Soutelo será a candidata do PSOE ó concello de
Forcarei. Na lista prima a xuventude, aínda que nela está Manuel
Correa, con 86 anos, e unha importante experiencia no
concello. (Faro de Vigo)
|
27-Abril-2003.
O Cocello da Estrada anuncia un
plan de desenrolo turístico e de infrestructuras para Sabucedo,
onde se proxecta a recuperación de carballeiras, sendeiros e
muiños. Tamén se estudiou a promoción da festa, que comenzará o
vindeiro catro de Xullo. Tamén se acordou marcar o gando do
"Santo" mediante microchips e hidróxeno líquido (Faro de
Vigo)
|
|
21-Abril-2003.
No lugar de Chamosa (Forcarei),
unha vaca pareu tres terneiros nun só parto. A "Pinta" e
máis os seus retoños están ben. O curioso é que a vaca xa tivo
xemelgos o ano pasado, pero poucas veces ten ocurrido un parto de
tres, e moito menos esperando o fin dos nove meses de preñez.
(Faro de Vigo)
|
23-Abril-2003.
A Consellería de Cultura da Xunta
de Galicia comprometeuse a financiar a excavación do Castro de
Loureiro, o máis importante dos nove que se atopan no concello de
Forcarei. (A Voz de Galicia)
|
8-Abril-2003.
O Centro
Etnográfico de Soutelo de Montes (CETMO) emprende melloras para
adecuarse á lexislación e lograr o título de colección visitable.
Seguirán instruccións dos técnicos do Museo do Pobo Galego, cambiando
o teito e a porta de entrada e retirando pezas dos pasillos. O taller
será trasladado fora do recinto para deixar lugar a estas pezas.
(A Voz de Galicia)
|
8-Abril-2003.
Un sinistro causado por un cabalo na
estrada Forcarei-A Estrada volve a actualizar a solicitude de vallado
deste vial entre Codeseda e Forcarei. Por outra banda, un periodista
español residente no Xapón anda a facer unha reportaxe sobre a rapa, e
posiblemente unha televisión despe país achéguese hasta Sabucedo estas
festas. (Faro de Vigo)
|
7-Abril-2003.
O PP de Forcarei presenta as
listas electorais para as vindeiras eleccións municipais. Repiten a
maior parte dos ediles desta lexislatura. En Cerdedo, mentras tanto,
renóvase a lista case na súa totalidade. O censo de Forcarei
recolle 235 votantes na mesa de Vilar, 363 na de Millerada, 442 na
de Presqueiras, 224 na de Pardesoa, 581 na de Soutelo, 212 na de
Pereira, 356 en Dúas Igrexas, 248 na de Meavía, 226 en Quintillán,
252 en Aciveiro e 851 en Forcarei. (A Voz de Galicia)
|
7-Abril-2003.
Fraga, presidente da Xunta de
Galicia, confirmou que entregará persoalmente as vivendas sociais de
Soutelo, seguramente o día 16 deste mes. A firma das escrituras está
fixada para este día 8. (A Voz de Galicia)
|
|
1-Abril-2003.
A asociación "Rapa das Bestas" está a
construir no monte da parroquia unha cerca para os cabalos do santo
máis dificiles de controlar. O contorno do cercado será de perto de
cinco kilómetros. (A Voz de Galicia)
|
7-Abril-2003.
Mari Carmen Fortes será a candidata
do PSOE ó Concello de Cerdedo, dentro dunha lista totalmente renovada,
na que case ninguén participou nas derradeiras eleccións. Polo
BNG serán os mesmos da anterior lexislatura: Isidro Peleteiro e
Dionisio Pereira (A Voz de Galicia)
|