28-Abril-2002.
Vaise levar a
termo un plan piloto para a identificación do gando mostrenco no
concello de Cerdedo. Pénsase que pacen nestes montes arredor de
2.000 vacas e cabalos mentras que o ideal serían só uns 800.
(A Voz de Galicia)
|
|
24-Abril-2002.
Parece que o
goberno do Concello de Cerdedo recupera a tranquilidade despois duha
entrevista entre o alcalde e os ediles que se opuxeron ós
presupostos presentados por este. Por contra confírmase que non se
construirá a residencia para os vellos nos próximos anos según
confirmou a conselleira de Asuntos Sociais. (Faro de Vigo)
|
28-Abril-2002.
Segundo
Instituto Galego de Estadística, A Comarca de Tabeirós-Terra de
Montes é a mellor dotada sanitariamente de todo Galicia, con 7
médicos e 8,7 enfermeiros por cada 10.000 habitantes. O único
comentario debe ser que non hai máis que unha boa estadística para
demostrar calquer cousa, porque ninguén debe esquecer a dispersión
da poboación da bisbarra, onde atender a un enfermo na súa casa pode
levar horas, mentras nunha cidade faise en minutos. (Faro de
Vigo)
|
18-Abril-2002.
O Alcalde de
Lalín, Xosé Crespo, acaba de lanzar unha proposta cando menos
polémica: A xuntanza de todo-los concellos de Deza nun só coa
capital en Lalín, e onde os outros funcionarían como os actuais
distritos das grandes cidades. A exportación desta proposta a
Tabeirós-Terra de Montes é recollida de forma moi diferente.
Mentras desde Forcarei e Cerdedo se ve con bos ollos, desde A
Estrada rexeitase por complexa. En calquer caso veríase sempre
mellos a xuntanza co veciño natural, Beariz, que coa cabeceira
actual da comarca. (A Voz de Galicia)
|
|
15-Abril-2002.
Soutelo
sigue a ser a localidade con máis poboación do Concello
de Forcarei con 434 habitantes segundo censo que se remata este
ano. A capital, Forcarei, ten 413 pero
con unha poboación lixeiramente máis xoven e, curiosamente, con
máis homes que mulleres. Forcarei é o concello que menos
poboación perde da Terra de Montes. (Faro de Vigo)
|
17-Abril-2002.
Os veciños
de Soutelo amosan a súa preocupación pola cantidade de auga que
consumirá o novo polígono industrial de Vilapouca. Pídenlle o
Concello que proxecte unha nova estación de bombeo e un novo
deposito para este polígono, tendo en conta que a traida actual xa
se mostra escasa e ten que dar servicio ás novas familias das
vivendas sociais. (A Voz de Galicia)
|
15-Abril-2002.
A
Mancomunidade de Municipios do Carballiño, na que se encontra Beariz
ten firmado un convenio coa Diputación de Ourense para a
construcción dunha microplanta de tratamento de lixo e residuos
urbáns. A Mnacomunidade aporta os terreos e o 10% do custo, e a
Diputación porá o resto. A explotación correrá a cargo da
mancomunidade. (A Voz de Galicia)
|
15-Abril-2002.
"Verbo
Xido" arranca o seu "Ano de Sarmiento" con unha
conferencia do profesor Carlos Solla que se celebrará na casa da
cultura sobre a relación entre Frai Martiño e Cerdedo onde cada
asistente recivirá un libro coa biografía deste personaxe.Tamén
está prevista unha ruta que foi deseñada polo propio Sarmiento, e
que chega hasta o Pazo de Raposeiras, onde naceu seu pai e onde
pasou algúns dos seus vrans. (A Voz de Galicia)
|
5-Abril-2002.
A
explotación do Albergue e o Centro Hípico de Sabucedo sai a
concurso, con unhas tasas simbólicas de só 1.081 euros en cada un
dos dous primeiros anos. Varias empresas xa se interesaron pola
xestión e tamén os propios veciños de Sabucedo, aínda que non
será facil que esté en funcionamento para esta Rapa das
Bestas deste ano.
(A Voz de Galicia)
|
15-Abril-2002.
A mellora da
estrada C-541 entre Forcarei e Soutelo
será a seguinte obra a levar a cabo pola Consellería de
Ordenación do Territorio na Terra de Montes unha vez rematada a PO-200
que comunica con Deza. Antes, o Concello de Forcarei debe decidir o
trazado da variante o seu paso pola vila. (A Voz de
Galicia)
|
10-Abril-2002.
A edil do
P.S.O.E. de Cerdedo, Cristina Otero, que
votou a favor dos presupostos presentados polo alcalde do P.P. J.
Caramés cando unha parte deste partido os rexeitou, comenta que xa
presentou varias veces a súa dimisión ó partido, sin que ninguén
se interesara por ela e que xa pensa rematar a lexislatura. Na
executiva provincial afirman que a súa postura pode ser tida en
conta e pensan en darlle un maior empuxe hasta as próximas
eleccións pero que debe acatar a disciplina do partido polo que foi
elexida. (A Voz de Galicia)
|
11-Abril-2002.
O Conselleiro
de Política Territorial, Xosé Cuiña, afirma que os traballos de
acondicionamento da estrada PO-200 entre Cachafeiro e Aciveiro
estrán rematados nun ano. As obras están adxudicadas á empresa
Taboada e Ramos nuns tres millóns de euros e comenzarán de
inmediato. O tramo entre Aciveiro e Laro xa está rematado e unha
vez que se realice o novo teremos unha importante vía de
comunicación entre Deza e Terra de Montes (A Voz de Galicia)
|