22-Abril-2001.
O Safari-Park
da Terra de Montes pode acabar en Lisboa. Si os socios da
mancomunidade de Cerdedo (Outeiro-Quintas) non se deciden deseguida, o
propietario ameaza con construir a reserva en Portugal alegando
"Falta de interese".
|
19-Abril-2001.
O Obradoiro
de emprego
de Forcarei pensa crear 36 postos de traballo no concello. Continuará
coa labor iniciada pola ecola taller que funcionou en Aciveiro e será
posto en marcha despois do verán.
|
19-Abril-2001.
Apróbase o
presuposto de Forcarei, con 404 millóns de pesetas contra os 435 do
ano pasado. Delas 130 serán para investimentos e 120 para persoal.
|
16-Abril-2001.
A mancomunidade
de concellos do carballiño, entidade que preside Manuel Prado,
alcalde de Beariz, estudia deixar de prestar algúns servicios nos
concellos morosos xa que só O irixo, Maside e Beariz están o día
nas contas.
|
12-Abril-2001.
O presuposto
dos concellos de Cerdedo e Forcarei para este ano aínda están sin
aprobar. Non coñecen canto ingresarán de axuda polo temporal do
inverno nin os soldos dos funcionarios. Forcarei ten tamén sin
aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). (Faro de
Vigo)
|
12-Abril-2001.
O Venres e
Sabado santos terán lugar no pavillón de Soutelo diversas
actividades encamiñadas a que os nenos da vila poidan divertirse coma
os da capital. Terán torneos de futbolín, ping pong, parchís,
damas, etc. Para participar só hai que pasar por alí e apuntarse.
(Faro de Vigo)
|
|
7-Abril-2001.
A Xunta de Galicia
acaba de emitir un informe medioambiental en contra da minicentral de
Esbarrela, a construir entre os concellos de Cerdedo e Forcarei. As
causas son bastantes cotundentes, posto que a central queda a menos de
cincocentos metros doutra sita en Folgoso, que aporveita o caudal do río
do Castro. A Central de Esbarrela recollía caudal deste río e do de
Ventoxo. Dase a circunstancia de que aínda que Cerdedo está rodeado
de minicentrales e no seu monte está un dos parques eólicos máis
importantes de Galicia, os seus lugares siguen con fallas de
suministro, e variacións de tensión no sumunistro electrico. (A Voz
de Galicia)
|
7-Abril-2001.
O alcalde de
Cerdedo, X. Caramés, estudia a creación dun pequeno polígono
industrial no concello. Para eso acaba de encargar a Xestur estudiar
cal sería a millor ubicación. (A Voz de Galicia)
|
4-Abril-2001.
O Concello
de Forcarei
gastará catro millóns de pesetas para a señalización no concello.
Afectará os edificios públicos, centros de saúde, etc. (A Voz
de Galicia)
|
4-Abril-2001.
O Plan
Infoga,
encargado da loita contra dos incendios forestais, abarca dentra da súa
zona especial a serra do Candán e os seus arredores. A policía Autonómica
vixiará exahustivamente esta bisbarra para que o lume, que estragou
nos derradeiros anos a nosa terra, non siga a facelo. (A Voz de
Galicia)
|
2-Abril-2001.
Os
investimentos do Concello
de Beariz
para este ano centraranse na súa maior parte na construcción da
residencia de maiores e nas reformas do cuartel da Garda
Civil. (A Voz de Galicia)
|
2-Abril-2001.
O Concello de
Forcarei quere dedicar o Obradoiro
de Emprego
a seguir restaurando o mosteiro de Aciveiro así como as vivendas dos
maestros, hoxe en desuso, que servirán como sedes de asociacións do
municipio. (A Voz de Galicia)
|