San Salvador Xirazga é a parroquia máis descoñecida do concello, quizais por non atoparse en ningunha das estradas principais que comunican a comarca. Ten, nembargantes, moitas cousas interesantes que merecen unha visita, e as súas aldeas son das máis "típicas" da tipoloxía da zona. 

A parroquia está formada polas aldeas de Abeleira, Framia, Correa, Alén, Doade, A Cabada, Doade Grande, Adrián, Ratel e Ricovanca.

Atopamos grabados rupestres e unha mámoa as veiras da actual ermida de Sto. Domingo, así como unha calzada romana e unha ponte medieval en Ricovanca.

Vista de Xirazga. (Foto: Xesús A. Gulías Lamas)

Aparte da igrexa parroquial (Seculo XVII, aínda que a torre foi reconstruída no século XIX ) que aparece na derradeira das imaxes, hai unha ermida dedicada a Sto. Domingo, na carballeira do mesmo nome, onde o día catro de agosto celebrase unha das romarías con máis sona da bisbarra. Destaca tamén un fermoso cruceiro esculpido por Cerviño sito na praza da igrexa.

A capela do Carme, na carballeira de Doade, onde se celebra a feira.  (Foto: Xesús A. Gulías Lamas)

Tamén queda aínda a feira de Doade, o día nove de cada mes, unha das máis importantes da zona, que se celebra nunha fermosa carballeira ó lado da capela do Carme, tal e como aparece na imáxe superior sacada do libro "Beariz de Montes" de X. A. Gulías Lamas.

Igrexa parroquial de Xirazga, co cruceiro obra do escultor Cerviño na entrada.  (Foto: Xesús A. Gulías Lamas)

 

 

Modificada por derradeira vez o 16/01/2006
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.com