
Malia
ser a parroquia máis pequenas e con menos entidades de poboación do concello (só
conta cos lugares de Ventoxo e Fontela). San Nicolás de Ventoxo conta cunha
igrexa parroquial construída no seculo XVII, A fachada do templo
está rematada por unha espadaña típica das igrexas da terra, a cal lle
outorga ó conxunto un estilo e unha beleza notable.
O Cruceiro parroquial
data do século XVIII, e ten un cristo de estilo románico cun freire abrazado ás
súas pernas e unha imáxe da virxe polo outro lado.
Nas súas terras estaba
proxectada a Reserva natural "Terra de Montes", que desgraciadamente
parece non levarse a remate.
