É esta a parroquia máis
o norte do concello e esta formada polos lugares de Barbeira, Devesa, Fraguas,
Vilalén e Tomonde.
A igrexa parroquial de
Sta. María é a obra máis importante desta parroquia, terra de
mestres de cantería recoñecidos po lo mundo enteiro, e que deixaron aquí e
fora obras de moito mérito. Así, Álvarez Lois foi mestre de obras do convento
de Santa Espina en León, Os irmáns Baltasar Gamallo construíron a capela
maior da catedral de Ourense, e Xosé María Fondós traballou na reconstrucción
das murallas de Ávila.

A Igrexa, a única parcialmente
románica de todo o concello, remata cunha torre de tres corpos e esta rodeada polo cemiterio,
onde tamén se conservan labras de importancia. Perto dela, no monte, ten un
cruceiro que se arrodea nas procesións.

Na parroquia conservanse
restos de varias "eiras dos mouros", no monte que linda con Forcarei,
onde se macicaba o trigo.