
Verde, auga, ríos,
fontes. Esta pode ser unha ollada con presa a paisaxe da Terra de
Montes. Pero amáis deso hai outras cousas. Hai verdadeiras obras de
arte en pedra, e en cada aldea hai unha igrexa, un recordo da súa
historia, unha paisaxe que a fai distinta das outras.
Pero
o turista que ven a Terra de Montes ofréceselle máis que natureza e a
tranquilidade. Ofrecese unha boa gastronomía propia (carne richada,
galiña con sal, etc.) e un paisaxe único, descoñecido e moi
interesante. A lagoa Sacra, en Forcarei
(situada entre cumios a máis de 700 metros de alto, e sin ningún río
que a alimente), o mosteiro de Aciveiro,
as pontes sobre o Lérez, entre as que destacan as de Andón, a de Gomaíl
e a de Parada,
igrexas, cruceiros, hórreos, etc. Pero sobre todo esta é unha Terra de
canteiros, e as obras anónimas abundan o longo da súa xeografía.

Moitas romarías
relixiosas (A virxe en Aciveiro, Beariz e
Forcarei,
San Roque en Soutelo,
San Benito en Pardesoa,
San Xoan e San Pedro en Cerdedo,
Etc.) ou profanas, (Festa do Gaiteiro en Soutelo, a da Vincha en Cerdedo,
a da richada en Forcarei, a do salmón, e outras)
fan do vran da Terra de Montes unha opción divertida para moita xente.
Mención aparte
merece a Rapa das bestas en Sabucedo, un pobo do
concello da Estrada, nos lindes con Cerdedo e Forcarei que sempre se
considerou parte da Terra de Montes. Trátase dun espectáculo con máis
de 5 séculos de tradición, onde cada primeiro domingo de Xullo e o longo
de tres días, os homes do lugar, co a axuda do patrón San Lourenzo,
buscan, acurran e rapan as bestas salvaxes que viven no monte. Son cabalos
particulares ou do santo, doados a él según conta a tradición por unhas
vellas que lle ofreceron unha parella destes animais si se libraban de
coller a peste que matou moita xente na parroquia. Libráronse e a parella
de cabalos son hoxe unha cantidade importante. Algún ano chegaronse a
marcar hasta 900 cabalos, agora co ferro "Cabalo galego de
monte" patrocinado po-la consellería de agricultura. A festa está
decrarada de interese turístico dende 1964, e no ano 1997 inaugurouse un
novo curro no lugar co a idéa de dar acougo os visitantes que acuden cada
vez en máis cantidade.
A
natureza é dondia nesta terra, pódense topar moitos recunchos onde ver
correr a auga dos ríos sentado a veira dun muíño, ou ver paisaxes impoñentes
e solitarios. A pesca e a caza son a mellor e cada vez máis usada
disculpa para coñecelos.