Soutelo de Montes está
considerado como a capital da Terra de Montes. A súa situación no centro
da bisbarra, as comunicacións máis fáciles, o toparse na estrada entre Ourense a Pontevedra, e un importante comercio otórganlle este título
oficioso.

Soutelo é parada
obrigada dos viaxeiros de Ourense cando van camiño das praias de Sanxenxo,
A Toxa, Marín, etc. A súa situación, na metade deste viaxe, o Pan
de Soutelo, famoso en boa parte de Galicia, sobre todo ben acompañado
de xamón, empanadas e viño do Ribeiro, fixeron polo coñecemento desta
vila tanto como Avelino, o seu Gaiteiro tocando
por medio mundo.
É unha das poboacións
máis grandes da bisbarra, aínda que só ten 448 habitantes censados, mais
aquí deben desprazarse a comprar, á escola, e ó médico, todo-los veciños
das parroquias de Presqueiras (San Miguel e Santa
Mariña), Pardesoa, Millerada,
etc. polo cal foi medrando un importante comercio. A feira de Soutelo, que data
de comenzos do século XVII, celébrase o derradeiro mercores de cada mes e
chegou a ser unha das máis importantes de Galicia. Hoxe está en decadencia
debido a que os animais deben ser vendidos en sitios adecuados (Santiago
fundamentalmente), e a xente das aldeas ten máis facilidade para acercarse
calquer día a comprar á capital da provincia e non espera ó día de feira.
Soutelo naceu no que
hoxe se chama a Aldea de arriba, na parte alta da vila, onde se ubicou a
torre-vivenda dos xuices, e que noutro tempo pertenecía a parroquia de Pardesoa.
Desde alí parten as estradas que levan ós lugares de Presqueiras e a Pardesoa,
a que comunica con Sanguñedo, Vilariño e Millerada, o
camiño que levaba a Trasdomonte, etc. Máis
abaixo, en Vilapouca, antes pertenecente á parroquia de Ventoxo
e hoxe formando case un só pobo con Soutelo, partía a que chega hasta Forcarei.
O tempo foi levando ós veciños e ó comercio o carón da estrada xeneral, no que é o Soutelo novo.
Soutelo foi en tempos a
capital do concello, noutros foi sede dos Xuices-Meriños, mentras que máis
recentemente nin siquera era parroquia, pois esta correspondía a pequena
aldea da Madalena, distante apenas medio Kilómetro,
onde se atopaba a igrexa vella. A nova, que aparece nunha fotografía
anterior, foi levantada a primeiros dos sesenta gracias a D. Alfredo
Gonzalez Barros (un dos homes máis coñecidos da vila), que pagou a maior
parte dela e encargouse da súa construcción.
En moitos lugares tamén se lle atrubui, de forma errónea, a este
arquitecto o "Chalé" modernista que foi a súa vivenda hasta hai
poucos anos. Este é obra de seu hirmán Manuel, a quen lle foi embargado
por unha debeda, e el recuperouna para a familia.
Hoxe, Soutelo tenta
reverdecer a súa actividade como centro económico e social da bisbarra, e
para eso deséñase un polígono industrial perto de Vilapouca, aparecen
hoteis e casas rurais ou promocionanse festas coma a do Gaiteiro, na honra
de Avelino e os seus hirmáns, ou feiras como a do cogumelo.
Soutelo é berce de
moitos dos persoeiros que aparecen nestas páxinas, pero sen dubida foi Avelino,
O gaiteiro, o que lle dou sona máis alá das nosas fronteiras. Tal é así
que en Soutelo celebrase no mes de Agosto a festa do gaiteiro como homaxe a
él. Xa se citou tamén a D. Alfredo, a quen se lle adicou o busto que aquí aparece como
benefactor da parroquia, e Virxilio Vieitez, de
quen se fala noutra páxina.