Parroquia
que alberga un dos sinais de identidade máis importantes da Terra de
Montes: os restos da torre-fortaleza de Montes, residencia dos Xuíces-Meiriños
e centro administrativo da comarca ata que foi derrubada cando a revolta
irmandiña, aló polo ano 1476. Hoxe só fican os restos dos muros. Tamén
se conservan restos arqueolóxicos no Outeiro da Cuspe e na rocha do
Sarillo, onde se pode apreciar un deseño cruciforme semellante a outros da
zona.
A imaxe desta páxina
corresponde a un detalle da Capela de Nosa Señora do Castro (Século XVII),
de fachada barroca rematada cunha espadaña.
Mesta freguesía
naceu Virxilio Blanco, coñecido pintor e cofundador da revista alborear
alá polos anos trinta.