A parroquia de Sto. Tomé de Quireza ten no lugar de Os Castros o seu núcleo de poboación máis importante. O nome deste pobo ven do castro cuios restos aínda se conservan cerca das casas, nunha situación dende a que se divisa case toda a parroquia.

Quireza é terra granítica, e como toda a bisbarra, terra de canteiros, que foron construíndo moi diversas obras o longo dos séculos, moitas delas anónimas, outras perdidas, e outras ben conservadas, como a igrexa parroquial. É un templo de estilos barroco e neoclásico que foi rematada a primeiros do século XIX, pero que garda no seu interior un retablo policromado que data do 1679.

Cruceiro e Rectoral de Quireza.  (Foto: Guía Turística)

O "Cruceiro das cruces" é outra obra importante de cantería, pero tamén, no lugar de Fondós, podemos admirar unha capela dedicada a San Xosé que foi construída no século XVIII.

 

Modificada por derradeira vez o 16/01/2006
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.com