
|
 Parroquia
situada ó norte do concello e berce do río Umia, nela apareceron
importantes restos prehistóricos, como as mámoas de Muras e o Castro do
mesmo nome, un dos mellor conservados de Galicia.
A igrexa parroquial,
que aparece na fotografía da marxe é de estilo barroco e foi construida no
século XVII. A espadaña do campanario é de estilo cisterciense e forma
cuadrangular pouco común nesta terra. No interior da igrexa gárdase unha pía
bautismal románica do século XIII e unha virxe do XVII.
|