A parroquia de San
Estebo de Pedre está formada polos lugares de Pedre, Serrapio e Vichocuntín,
aldea esta última sempre amenazada de dasaparición polo proxectado e
nunca construído encoro no Lérez.

Pedre ten fama polos seus hórreos, oito dos cales están sitos na "Eira Grande",
dentro do mesmo pobo, e onde tamén está a igrexa parroquial, construcción
anterior o século XVII que garda no seu interior relieves dos séculos XV
e XVI. Este conxunto rematado con cruceiros de recente construcción mostra unha beleza incomparable.