
Pardesoa
está situada cara ó sur do concello, ás beiras do monte Custoia, onde
apareceron importantes restos da cultura dos dólmenes, entre eles unha machadiña
e un ídolo de pedra.
A obra máis importante
é, como en case todas as freguesías, a igrexa parroquial, pero neste caso con
maior razón, xa que se trata dun templo do século XV, de gran beleza.
Reformado varias veces, conserva nembargantes o corpo orixinal, aínda que a
fachada actual data do ano 1822 e foi realizada por canteiros da zona. Forma co
seu entorno un conxunto distinto do doutras igrexas, xa que non está situada no
lugar senón rodeada de árbores e veigas.
Aparte existen tamén na
parroquia dúas capelas, a de San Marcos (século XVII) da que podemos ver o
cruceiro na derradeira imaxe, e a de Fixó (século
XVIII).
Esta parroquia ten hoxe
pouco máis de douscentos habitantes repartidos entre os lugares de Pousada,
Pardesoa, Sixto, Fixó, San Marcos e a Portela de Lamas, a única que estás ás
veiras da estrada xeral, xa perto de Soutelo. Entre estes poucos habitantes
naceu aquí Diego
de Cana, un dos mellores gaiteiros desta terra.
