O
seu patrimonio arqueolóxico está formado polo castro onde se levanta a Capela
do Pego e por unha grande cantidade de petroglifos e figuras de animais prehistóricos
que foron aparecendo nos seus montes ó longo dos anos.
Merece especial atención
a ponte romana, excelentemente conservada, que se pode ver na fotografía.
Atravesa o Lérez e foi camiño de peregrinos e paso de arrieiros cara a
Compostela.