A
parroquia de Meavía ten importantes restos arqueolóxicos nunha zona chamada
"Mámoa de Boi Morto", nos límites cos concellos de A Estrada e
Silleda.
Outra zona de interese
especial é a Lagoa Sacra, no lugar de Valadares, declarada de interese
medioambiental protexida.
Amais do templo
parroquial, cun cruceiro do século XVIII consérvanse as ruínas da ermida de
San Amaro, hoxe perdida no medio do bosque, o pé do camiño vreiro que levaba ós
arrieros dende o Ribeiro a Compostela. A ela corresponde a imaxe da
dereita. Na inferior pódese contemplar o cruceiro parroquial.