É esta a parroquia situada máis ó sur do concello, xa lindando con terras da Lama, Cotobade, Cerdedo e Beariz, nas veiras do Seixo.

Nela apareceu unha importante cantidade de restos nos denominados Outeiro das Cruces e Laxe das Buratas, con deseños cruciformes como o que aparece na fotografía desta páxina.

Cruz rupestre no Outeiro das Cruces.  (Foto Guía Turística)A igrexa parroquial presenta unha torre moi destacada, de catro corpos, de altura e beleza senlleiras. É Obra de Manuel Fraiz Garrido, crego e canteiro do pasado século.

 

 

Modificada por derradeira vez o 16/01/2006
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.com