Lebozán é a parroquia máis
occidental do concello, lindando xa coas terras de Soutelo.
Esto fixo que tradicionalmente as xentes dos lugares altos como A Ermida ou
Arnelas se dirixísen máis cara este que a Beariz, ó
cal tamén axudan unhas comunicacións máis doadas.
A parroquia está formada
polas aldeas de As Ventelas, Arnelas, A Ermida, Os Liñares, O Busto e Lebozán.
No lugar das Antas está a separación entre os concellos de Beariz, Irixo e
Boborás, e polo tanto tamén unha parte pertenece a esta parroquia.

A igrexa parroquial de
Sta Cruz de Lebozán (Século XVIII), que pode verse na fotografía, é a obra máis salientable
da parroquia, aínda que tamén hai unha capela dedicada a San Antón na Ermida.
En
Lebozán celébrase a festa da Candelora o día dous de febreiro, mentras que
nos Liñares é a Sta. Rita, e na Ermida o San Antón, romarías hoxe case
perdidas, pero que foron hai anos as máis grandes da bisbarra. Tal é así que
o día de San Antón séguese considerando como festa en boa parte dos lugares
de Pardesoa e a Madalena,
aparte da propia parroquia.
A derradeira imaxe mostra
os restos da "mesa dos bispos" no lugar das Antas, que pertenece ós
concellos de Beariz, Irixo e Boborás. Nela sentabanse
os bispos das tres diócesis cando se xuntaban.