
A
importancia maior da parroquia de Forcarei débese ó feito de ser a capital do
concello e ter nela unha das dúas poboacións máis importantes do mesmo.
Mais hai moitos outros
detalles que fan de Forcarei unha das parroquias máis dignas de ver de todo o
municipio. A súa igrexa, do século XVIII, co cruceiro, feito polo mesmo
canteiro que labrou o do mosteiro de Aciveiro (Xosé
Ferreiro), e toda a praza que os rodea, forman un conxunto que ben merece unha
visita, e contrastan co estilo vangardista do edificio do concello que esta
arrimado a eles.
A parroquia de Forcarei
é atravesada polo río Lérez, e nela atópase unha das pontes máis bonitas
que o cruzan: a ponte de Gomaíl, románica do século XV, rodeada de natureza.
Tamén a Ponte Maril, preto da cal está hoxe o campamento xuvenil homónimo, no
lugar de Espindo.

Nas imaxes pódese
apreciar a fachada da igrexa, así como a casa do concello e a praza que cerran
ambas, vista dende a torre, así como un detalle do cruceiro. Máis abaixo apréciase
unha vista do campamento xuvenil de Ponte Maríl onde se pode disfrutar da
natureza de xeito incomparable.

